Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2026

ALCER CORUÑA | Novidades da semana do 23 de marzo do 2026

Imagen
​ - ASEMBLEAS XERAIS  |  Ordinaria e Extraordinaria​ O pasado domingo celebramos as Asembleas Xerais Ordinaria e Extraordinaria de Alcer Coruña, onde presentamos o balance de resultados do exercicio 2025 e se elexiu nova xunta directiva, que conta, na actualidade, cun total de 18 persoas integrantes. Durante a xornada destacouse o traballo da entidade a prol do fomento da calidade de vida das persoas con enfermidade renal crónica e familiares; e tamén a labor realizada nas campañas de sensibilización para o fomento de hábitos de vida saudables e a doazón de órganos. A xornada rematou cun xantar no retaurante O Leirón da Coruña.​ ​ - TARDES CON ALCER |  Delegación da Coruña ​Este mércores reunimos ao grupo de iguais "Tardes con Alcer" da delegación da Coruña.​ ​​ - FORMACIÓN  |  Obradoiro de nutrición en Santiago de Compostela Da man de Nerea Nogueira, dietista-nutricionista da Federación Alcer Galicia, puido desenrolarse na tarde de onte un obradoiro de nutrició...

ALCER CORUÑA | Novidades da semana do 16 de marzo do 2026

Imagen
- ALCER CORUÑA CO DEPORTE |  Partido Básket Xiria A pasada fin de semana a terapeuta ocupacional de Alcer Coruña, Jessica Antelo, trasladouse ata o Pavillón Vila de Noia de Carballo para sensibilizar á afición do Calvo Basket Xiria sobre a importancia do coidado da saúde renal. Durante a xornada instalouse unha mesa informativa e, durante o descanso, liuse un manifesto a prol da saúde renal.  ​ - TARDES CON ALCER |  Delegacións de Santiago de Compostela e Ferrol O mércores pola tarde tiveron lugar as convocatorias das Tardes con Alcer das delegacións de Santiago de Compostela (primeira foto) e Ferrol (segunda foto). - ALCER REIVINDICA |  Proposta de melloras no Hospital Juan Cardona de Ferrol Esta semana saía na Voz de Ferrol unha nota de prensa na que se fai eco da proposta de 20 medidas de mellora das instalacións das dúas salas de hemodiálise do Hospital Ribera Juan Cardona. - TERAPIA OCUPACIONAL |  Obradoiro en Narón - GRADA SOCIAL  |  Obradoiro...

ALCER CORUÑA | Especial Día Mundial do Ril 2026

Imagen
  DELEGACIÓN DE SANTIAGO  Mesa informativa na Praza do Toural Onte estivemos na Praza do Toural de 11 a 18 horas achegando a importancia do coidado da saúde renal á poboación compostelá co reparto de 800 dípticos informativos. Tamén realizamos un total de 178 medicións de glicosa e tensión arterial e repartimos outras tantas mazás!  (de esquerda a dereita): Jessica Antelo (terapeuta ocupacional de Alcer Coruña), Mónica Conde (traballadora social da delegación de Santiago de Compostela), Nerea Sánchez (alumna en prácticas de traballo social), Xan Duro (concelleiro de mobilidade e convivencia de Santiago de Compostela), Goretti Sanmartín (alcaldesa de Santiago de Compostela), Alfredo Saborido (vicepresidente e xerente de Alcer Coruña), Begoña Tarrío (administrativa de Diaverum Santiago), Nerea Lesta (supervisora de enfermería de HM La Esperanza), Rosa Álvarez (supervisora de enfermería de Diaverum Santiago) e Rebeca Mosquera (voluntaria de Alcer Coruña)  (de esquerda a...

ALCER CORUÑA | Novidades da semana do 2 de marzo do 2026

Imagen
  - DÍA MUNDIAL DO RIL 2026 |  Programación O próximo xoves 12 de marzo celebramos o  DÍA MUNDIAL DO RIL  e compartimos a programación da semana.  Animámosvos a participar en todos os puntos informativos que instalaremos en toda a provincia! - ALCER CORUÑA CO DEPORTE |  Partidos de baloncesto a prol da doazón  O  sábado 14 de marzo  estaremos en Carballo no encontro entre o Básquet Xiria e o SIGALTEC cunha mesa informativa a prol da saúde renal.  Temos entradas gratuítas dispoñibles para persoas socias e voluntarias da entidade!​ ​  O  domingo 5 de abril  tamén estaremos difundindo a importancia do coidado da saúde renal no encontro entre o Obradoiro CAB e a Súper Agopal Palencia en Santiago de Compostela.  Quedan aínda entradas! - ASEMBLEAS 2026 |  Ordinaria e extraordinaria Tralas chamadas individuais que realizamos a todas as persoas socias e tamén tralo envío da convocatoria por correo postal, recordamos que ...