Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2026

ALCER CORUÑA | Novidades da semana do 23 de febreiro do 2026

Imagen
  - ASEMBLEAS 2026 |  Ordinaria e extraordinaria Estamos poñéndonos en contacto telefónico para convidarvos ás asembleas xeral ordinaria e extraordinaria que terá lugar o próximo domingo 22 de marzo na cidade da Coruña. Agardámoste! - PSICOLOXÍA |  Obradoiro en Santiago de Compostela O martes 10 de marzo terá lugar o segundo obradoiro de psicoloxía para persoas con enfermidade renal crónica en HM La Esperanza. Estamos a piques de rematar as prazas e cubrir o aforo! E adiantámosvos que realizaremos dous máis nesta cidade na clínica Diaverum Santiago de Compostela e no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela. - NUTRICIÓN |  Obradoiro en Ferrol Este mércores a nutricionista da Federación Alcer Galicia, Nerea Nogueira, desenvolveu o obradoiro "Dietoterapia en enfermidade renal crónica e cociña renal saudable" no IES Canido de Ferrol.  O próximo 26 de marzo impartirá a mesma formación en Santiago de Compostela.  Achegamos cartaz informativo...

ALCER CORUÑA | Novidades da semana do 16 de febreiro do 2026

Imagen
​ - PSICOLOXÍA |  Obradoiro na Coruña ​Na tarde de onte tivo lugar o primeiro obradoiro impartido por Laura López Brión, psicóloga de Alcer Coruña.  A próxima convocatoria será o próximo 10 de marzo no ​Hospital HM La Esperanza de Santiago de Compostela. ​ ​ - TARDES CON ALCER |  Grupo Ferrol Na tarde de onte reuniuse o grupo de apoio "Tardes con Alcer" da delegación de Ferrol.  ​ - NUTRICIÓN |  Obradoiro en Ferrol O 25 de de febreiro organizarase un obradoiro de nutrición para persoas con enfermidade renal crónica no IES Canido de Ferrol.  Apura para anotarte! Aínda quedan prazas libres! ​ - TERAPIA OCUPACIONAL |  Obradoiro na Coruña ​ - GRADA SOCIAL  |  Obradoiro CAB Últimas 8 entradas!  Reserva a túa no 670.34.39.49 ​ -  OUTRAS NOVAS DE INTERESE  Desde a Federación Nacional Alcer e co motivo da folga de profesionais da medicina, envían    este comunicado  informando que a atención ás persoas con enfe...

ALCER CORUÑA | Novidades da semana do 9 de febreiro do 2026

Imagen
- SENSIBILIZACIÓN |  CPR La Milagrosa (Santiago) O mércores estivemos no CPR La Milagrosa co alumnado de 6º de primaria abordando a importancia da doazón de órganos como parte das actividades do proxecto que temos activo neste concello. Acompañounos Celia Uzal, voluntaria de Alcer Coruña e transplantada de ril, que garda especial relación con este centro, no que estudou un dos seus fillos e dúas das súas netas. Tamén participou Nerea Sánchez, alumna en prácticas de traballo social que se atopa realizando a súa formación na delegación de Santiago.  - SENSIBILIZACIÓN |  CEIP A Solaina (Narón) O mércores tamén nos achegamos a Narón, onde abordamos a importancia da doazón de órganos e os hábitos de vida saudables con 50 estudantes de 6º de primaria do CEIP A Solaina e como parte do programa "Alcer 7 Vidas" que desenvolvemos neste concello. Acompañounos o voluntario Suso López, transplantado de ril desde fai case 12 anos.  - TARDES CON ALCER |  Delegación de Santiago...

ALCER CORUÑA | Novidades da semana do 2 de febreiro do 2026

Imagen
- EXERCICIO FÍSICO |  Comezaron os obradoiros! O xoves 29 de xaneiro e o mércores 4 de febreiro inauguramos sesións mensuais de exercicio físico, que terán lugar no Centro Cívico de Monelos da Coruña por parte de Pablo Martínez Nicolás (técnico superior en actividades físicas e deportivas).  As inscricións continúan abertas! - PSICOLOXÍA |  Obradoiro na Coruña - NUTRICIÓN |  Obradoiro en Ferrol O 25 de de febreiro organizarase un obradoiro de nutrición para persoas con enfermidade renal crónica no IES Canido de Ferrol. Apura para anotarte! Aínda quedan prazas libres! - CONVITE |  Partido Obradoiro CAB  O Obradoiro CAB convídanos á súa grada social e   só quedan 12 das 25 entradas gratuítas dispoñibles   para persoas socias, voluntarias e usuarias de Alcer Coruña. Queres acompañarnos? Contacta con nós no 670.34.39.49 e agardámoste o próximo 5 de abril!  - RECEITA |  San Jacobo -  OUTRAS NOVAS DE INTERESE  Consulta  AQUÍ ...