ALCER CORUÑA | Novidades da semana do 16 de marzo do 2026
- ALCER CORUÑA CO DEPORTE| Partido Básket Xiria
A pasada fin de semana a terapeuta ocupacional de Alcer Coruña, Jessica Antelo, trasladouse ata o Pavillón Vila de Noia de Carballo para sensibilizar á afición do Calvo Basket Xiria sobre a importancia do coidado da saúde renal. Durante a xornada instalouse unha mesa informativa e, durante o descanso, liuse un manifesto a prol da saúde renal.
- TARDES CON ALCER| Delegacións de Santiago de Compostela e Ferrol
O mércores pola tarde tiveron lugar as convocatorias das Tardes con Alcer das delegacións de Santiago de Compostela (primeira foto) e Ferrol (segunda foto).
- ALCER REIVINDICA| Proposta de melloras no Hospital Juan Cardona de Ferrol
Esta semana saía na Voz de Ferrol unha nota de prensa na que se fai eco da proposta de 20 medidas de mellora das instalacións das dúas salas de hemodiálise do Hospital Ribera Juan Cardona.
- TERAPIA OCUPACIONAL| Obradoiro en Narón
- OUTRAS NOVAS DE INTERESE
Consulta a nosa programación de actividades no noso CALENDARIO WEBEnfermidade renal
Un estudo realizado na Hospital Vall D´Hebron analiza a adecuación da técnica de diálise máis axeitada en persoas con enfermidade renal mairoes de 80 anos 
Un interesante artigo que podes ler pulsando aquí
Contextualizamos a campaña nacional polo Día Mundial do Ril na que participou tanto a SEN, como o Consello Xeral de Farmacéticos para promover a prevención da enfermiadde renal 
Bótalle un ollo á nova completa Outras
Queres asistir á gala do 50 aniversario de ALCER? Terá lugar en Madrid o vernes 29 de Maio. As persoas interesadas deberán correr cos gastos de desprazamento e quen o precise, poderá aloxarse no Hotel Pío XII por 170€ con almorzo incluído. 




.png)

Comentarios
Publicar un comentario