Entradas

Mostrando entradas de junio, 2026

ALCER CORUÑA | Novidades da semana do 8 de xuño do 2026

Imagen
  - FORMACIÓNS | Obradoiros de terapia ocupacional en Santiago de Compostela Un total de 30 persoas asistiron esta semana aos obradoiros impartidos pola terapeuta ocupacional de Alcer Coruña (Jessica Antelo) nos tres centros sanitarios de Santiago de Compostela. O luns 8 estivo en Diaverum, o martes 9 en HM La Esperanza e o xoves 11 no Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela. O obxectivo das tres formacións foi dar a coñecer ás persoas asistentes estratexias para poder facer fronte á fatiga física que pode estar asociada a un diagnóstico de enfermidade renal crónica e como previr situacións de risco no domicilio á hora de participar nas actividades da vida diaria. - FORMACIÓN | Obradoiros de psicoloxía en Ferrol Onte a psicóloga de Alcer Coruña, Laura López, tamén se achegou ao CS Fontenla Maristany de Ferrol para abordar a importancia da conciencia emocinal. - INFORMACIÓN | Para persoas residentes no Concello de Carballo - INFORMACIÓN | Para persoas transplantadas Desde IS...

ALCER CORUÑA | Especial Día do Doante de Órganos 2026

Imagen
DELEGACIÓN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Gravación dun vídeo homenaxe coas persoas transplantadas de HM La Esperanza O pasado 27 de maio o vicepresidente de Alcer Coruña (Alfredo Saborido), xunto con Javier García (vocal); achegáronse a HM La Esperanza para gravar un vídeo homenaxe ás persoas doadoras de órganos e no que participaron persoas que realizaron alí tratamento de hemodiálise e que se transplantaron no último ano. Convidámosvos a ver o vídeo neste enlace! ​ Centro de Saúde de Bertamiráns O martes estivemos de 10:00 a 14:00 horas no Centro de Saúde de Bertamiráns achegando a importancia da doazón de órganos. - Voluntaria que axudou a que a xornada puidese desenrolarse: Carmen Rey. - Equipo técnico que apoiou a actividade: Mónica Conde (traballadora social da delegación de Santiago de Compostela)​ Praza do Toural ​O mércores instalamos unha carpa informativa no Toural de 11:00 a 17:00 horas, onde repartimos un total de 800 dípticos con información específica sobre a doazón de órga...