Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2025

ALCER CORUÑA | Novidades da semana do 24 de novembro do 2025

Imagen
- EVENTO SOLIDARIO  |  Monólogo de Pepo Suevos & Friends O pasado sábado foi o monólogo solidario en Culleredo a prol da doazón de órganos de Pepo Suevos & Friends (Alfredo Saborido e Patricia Calo). Reuníronse 150 persoas e grazas ao donativo de todas elas, puidéronse recaudar preto de 2.000€ para poder continuar cos servizos e programas de Alcer Coruña.  - SENSIBILIZACIÓN  |  CEIP Plurilingüe Virxe do Mar O mércores achegámonos ao CEIP Plurilingüe Virxe do Mar de Narón, xunto co noso voluntario Suso López, para achegar a importancia da doazón de órganos e os hábitos de vida saudable ao alumnado de 6º de primaria.  - EVENTO SOLIDARIO E XORNADAS |  Concello de Ames Esta fin de semana organízanse varios eventos en Alcer a nivel provincial e galego. - O sábado 29 terá lugar o  concerto solidario de góspel  en Bertamiráns. - O domingo 30 celebraremos as  VII Xornadas de Persoas con Enfermidade renal de Galicia  na mesma ubicaci...

ALCER CORUÑA | Novidades da semana do 17 de novembro do 2025

Imagen
  - SENSIBILIZACIÓN |  Día Mundial da Diabetes O pasado sábado 15 de novembro o presidente de Alcer Coruña, Rafael Rodríguez, participou na xornada "diabetes e benestar laboral" organizada pola asociación de diabetes de Ferrolterra. Esta actividade saiu na prensa e.  Podes consultar aquí a nova completa ​ - SENSIBILIZACIÓN |  I Feira da Saúde e Sociedade O sábado tamén estivemos na Coruña na I Feira da Saúde e Sociedade organizada pola UDC Saudable e o Concello da Coruña para achegar a nosa labor ás persoas interesadas e sensibilizar sobre a importancia da doazón de órganos e hábitos de vida saudable.​ - SINERXIAS |  Consello asesor de maiores de Santiago O xerente de Alcer Coruña, Alfredo Saborido, asistiu este martes ao consello asesor de persoas maiores de Santiago de Compostela e comezará a formar parte a partires de agora da Comisión de Saúde da mesma. ​ - TARDES CON ALCER |  Nas 3 delegacións da entidade Esta semana tiveron lugar as convocatorias dos ...

ALCER CORUNA | Novidades da semanan do 10 de novembro

Imagen
- SINERXIAS |  Reunión co concello de Narón A pasada semana tivo lugar unha reunión con Concello de Narón á que asistiron Rafael Rodríguez (presidente de Alcer Coruña) e María José Brión (tesoureira da entidade) e na que reafirmamos a necesidade de reforzar o convenio existente co concello para desenvolver accións de sensibilización sobre a doazón de órganos e atención ás persoas con enfermidade renal e familiares.  Podes ler aquí a nova de prensa que saiu publicada desta xuntanza​ - MONÓLOGO SOLIDARIO |  Pepo Suevos & Friends Aínda estás a tempo de mercar a túa entrada solidaria escribíndonos a  eventossolidarios@ alcercoruna.org  ou chamándonos ao 670.33.90.66.  Fila 0 a través de Bizum co código 05242 - NOVO CORO GÓSPEL SOLIDARIO |  En Bertamiráns Faite coa túa entrada escribíndonos a  eventossolidarios@ alcercoruna.org  ou chamándonos ao 670.33.90.66.  Fila 0 a través de Bizum co código 05242 - SINERXIAS |  Exposición e...

ALCER CORUÑA | Novidades da semana do 3 de novembro do 2025

Imagen
- ANDAINA A PROL DA DOAZÓN |  Concello de Frades O pasado sábado máis de 150 persoas participaron na andaina a prol da doazón organizada no Concello de Frades e a favor de Alcer Coruña. Antes de comezar, homenaxeáronse ás persoas trasplantadas do Concello nun acto emotivo no que puidemos celebrar a vida grazas ao xesto de moitas familias que doaron os órganos dos seus seres queridos e que permitiron seguir escribindo outras historias. Desde Alcer Coruña queremos agradecer a Rebeca (social e transplantada de ril en maio deste ano) e á súa familia o compromiso con esta entidade e co fomento da importancia da doazón! - MONÓLOGO SOLIDARIO |  Pepo Suevos & Friends Recorda que o sábado 22 temos unha cita solidaria en Culleredo con Pepo Suevos & Friends!  Entrada solidaria de 10€  Fila 0 a través de BIZUM co código 05242  Reserva de entradas no 670.33.90.66 /  eventossolidarios@ alcercoruna.org  Comparte nas túas redes sociais o evento para chega...