ALCER CORUÑA | Novidades da semana do 27 de abril do 2026
- SINERXIAS | Feira da Saúde en Ames O pasado sábado estivemos todo o día en Bertamiráns, participando na V edición da Feira da Saúde que organizou o concello. Xunto con outras entidades, puidemos achegar á poboación mahiá a importancia do coidado da saúde renal e da doazón de órganos. Na xornada participaron como membros da Xunta Directiva da entidade Alfredo Saborido (vicepresidente), Ana Mato e Martín Flores (vogais). Á traballadora social Mónica Conde tamén a acompañaron as voluntarias Rebeca Mosquera e Laura Mosquera. - FORMACIÓN | Obradoiro de psicoloxía no CHUS O luns, a psicóloga de Alcer Coruña (Laura López), impartiu un obradoiro sobre introdución á conciencia emocional no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela no que participaron 14 persoas. - FORMACIÓN | Obradoiro de terapia ocupacional en Narón O martes a terapeuta ocupacional de Alcer Coruña, Jessica Antelo, achegouse ata Narón para impartir o obradoiro "facer posible o...