ALCER CORUÑA | Novidades da semana do 23 de marzo do 2026

- ASEMBLEAS XERAIS | Ordinaria e Extraordinaria​

O pasado domingo celebramos as Asembleas Xerais Ordinaria e Extraordinaria de Alcer Coruña, onde presentamos o balance de resultados do exercicio 2025 e se elexiu nova xunta directiva, que conta, na actualidade, cun total de 18 persoas integrantes.
Durante a xornada destacouse o traballo da entidade a prol do fomento da calidade de vida das persoas con enfermidade renal crónica e familiares; e tamén a labor realizada nas campañas de sensibilización para o fomento de hábitos de vida saudables e a doazón de órganos.
A xornada rematou cun xantar no retaurante O Leirón da Coruña.​

- TARDES CON ALCER| Delegación da Coruña

​Este mércores reunimos ao grupo de iguais "Tardes con Alcer" da delegación da Coruña.​

​​- FORMACIÓN | Obradoiro de nutrición en Santiago de Compostela

Da man de Nerea Nogueira, dietista-nutricionista da Federación Alcer Galicia, puido desenrolarse na tarde de onte un obradoiro de nutrición dirixido a persoas con enfermidade renal crónica e familiares ao que asistiron un total de 19 persoas.​

​​​- FORMACIÓN | Obradoiro de psicoloxía no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela​

​​​​- FORMACIÓN | Obradoiro de terapia ocupacional en Narón​

​​​- FORMACIÓN | Obradoiro nutrición na Coruña​

- GRADA SOCIAL | Obradoiro CAB

O próximo domingo estaremos co Obradoiro CAB en Santiago de Compostela fomentando a importancia dos hábitos de vida saudables. Aínda temos dispoñibles as ultimas 8 entradas! Reserva a túa no 670.34.39.49

- RECEITA | Pasta carbonara​

OUTRAS NOVAS DE INTERESE

📝 Consulta AQUÍ as circulares informativas con convocatoria vixente.
📅 Consulta a nosa programación de actividades no noso CALENDARIO WEB

Comentarios