Entradas

ALCER CORUÑA | Novidades da semana do 25 de maio do 2026

Imagen
- SINERXIAS E SENSIBILIZACIÓN | II Feirón en Rede no Concello de Carballo Este domingo participamos no II Feirón en Rede do Concello de Carballo xunto con outras entidades do terceiro sector. Marcelo Silva (vocal da Xunta Directiva) e Laura López (psicóloga da entidade), aproveitaron a xornada para sensibilizar á poboación carballesa sobre a importancia dos hábitos de vida saudables para o coidado da saúde renal e achegar información sobre a doazón de órganos.​ - FORMACIÓN | Obradoiro de psicoloxía no CHUAC O martes celebrouse o quinto obradoiro de conciencia emocional que estamos realizando cun total de 12 persoas asistes. A psicóloga da entidade, Laura López, segue promovendo o coñecemento da conciencia emocional e como pode mellorarse a través da xestión emocional. ​​ - TARDES CON ALCER | Delegacións de Ferrol O mércores tivo lugar a convocatoria do grupo de iguais da delegación de Ferrol. - ENCONTRO NO CARBALLIÑO | Últimos días para inscribirse! Prazo de inscrición ata o venres 5 d...

ALCER CORUÑA | Novidades da semana do 18 de maio do 2026

Imagen
  - SINERXIAS | II Feira de Saúde e Sociedade O pasado venres participamos na II Feira da Saúde e Sociedade organizada pola UDC Saudable na cidade da Coruña. Á traballadora social, Cristina López, acompañárona os vogais da Xunta Directiva María Jesús Deus e Marcelo Silva. Tamén participaron como persoas voluntarias Beatriz Tohux e Ocdetti Rondon. - TESTEMUÑAS DE PERSOAS CON ENFERMIDADE RENAL | Gumer e Mario López Esta semana a prensa fíxose eco das historias de Gumer (voluntario da entidade na delegación de Ferrol) e Mario López (vogal da xunta directiva á espera do seu cuarto transplante de ril). - Accede   nesta ligazón á reportaxe de Gumer - Accede       nesta ligazón á testemuña de Mario - FORMACIÓN | Equipo técnico Onte o equipo técnico de Alcer Coruña, xunto con todo o equipo técnico da Federación Alcer Galicia, reuniuse nunha xornada de formación que tivo lugar na Casa de Benestar Social de Santiago de Compostela.  - ENCONTRO NO CARBALLIÑ...

ALCER CORUÑA | Novidades da semana do 11 de maio do 2026

Imagen
- FORMACIÓN | Obradoiro de psicoloxía en Diaverum Santiago de Compostela Seguimos achegando a importancia do coidado da saúde mental a todos os recunchos posibles. Este luns, a psicóloga de Alcer Coruña (Laura López Brión), estivo na clínica de hemodiálise Diaverum Santiago abordando conceptos básicos sobre a conciencia emocional.​ - SENSIBILIZACIÓN | Fomento da doazón en Culleredo Este martes o presidente de Alcer Coruña, Rafael Rodríguez, estivo no Centro Ocupacional Municipal de Culleredo abordando a importancia da doazón de órganos con 16 persoas usuarias.​ - SENSIBILIZACIÓN | Fomento da doazón no Concello de Pontedeume O mércores, grazas á colaboración de Euroeume, tamén achegamos a importancia da doazón de órganos e o coidado da saúde renal a 10 persoas pertencentes á Asociación Veciñal de Breamo.  - TARDES CON ALCER | Delegación de Santiago de Compostela O mércores reuniuse tamén o grupo de apoio de Santiago de Compostela. Foi unha tarde especial, xa que despedimos a alumna ...

ALCER CORUÑA | Novidades da semana do 4 de maio do 2026

Imagen
  ​ - SINERXIAS |  XI Carreira Pedrestre de Frades​ O pasado venres estivemos na XI Carreira Pedrestre Popular organizada polo Concello de Frades. Instalamos unha mesa inforamtiva na zona de avituallamento e achegamos a labor da entidade ás máis de 800 persoas participantes.  Grazas a Lino, Rebeca e Laura polo convite e polo esforzo na organización deste evento!  Grazas tamén por asistir como persoas voluntarias a Daniel Carrillo e Esther Sueiro ​ - SENSIBILIZACIÓN |  Fomento da doazón no Concello das Pontes Este mércores, grazas á colaboración de Euroeume,  achegamos  a importancia da doazón de órganos a 13 persoas pertencentes á Asociación Veciñar Painceiras de Ribedeume (As Pontes de García Rodríguez)​ - SENSIBILIZACIÓN |  Fomento da doazón en Pontedeume​ - FORMACIÓN |  Obradoiro de psicoloxía​ en Ferrol -  OUTRAS NOVAS DE INTERESE  Consulta  AQUÍ   as circulares informativas con convocatoria vixente.  Segue de pre...