Entradas

Mostrando entradas de julio, 2026

Alcer Coruña | Novidades da semana do 27 de xullo do 2026

Imagen
  - SINERXIAS | Participación no Foro Receita Deportiva A semana pasada comunicábamos que o presidente de Alcer Coruña, Rafael Rodríguez, participara no Foro Receita deportiva no espazo ABANCA da Coruña e hoxe compartimos a fotografía de todas as persoas participantes.    Neste enlace podes atopar máis información do encontro. - SINERXIAS | Participación no IV Consello de Pacientes do Hospital Ribera Juan Cardona Este mércores Rafael Rodríguez (presidente) e Juan Cagiao (vocal), acudiron ao IV Consello de Pacientes do Hospital Ribera Juan Cardona de Ferrol​. Podes consultar   neste enlace os contidos da xuntanza. - INFORMACIÓN | Acceso á xubilación anticipada a persoas con enfermidade renal Onte saia publicado no BOE o Real Decreto no que se recoñece o acceso á xubilación anticipada de 11 novas patoloxías, entre a que se atopa a enfermidade renal crónica no seu estadío 5    Consulta neste enlace o texto completo e non dubides en poñerte en contacto ...

Alcer Coruña | Novidades da semana do 20 de xullo do 2026

Imagen
  - FINANCIACIÓN | Concello de Culleredo Grazas ao concello de Culleredo por apoiar a nosa labor concedéndolle a Alcer Coruña unha subvención de 4.500€ polo traballo desenvolvido entre os anos 2022 - 2024.  - XUNTA DIRECTIVA | Actividades da semana O pasado luns 20 de xullo, Oliva García, vogal da entidade, estivo presente de xeito online no Consello Asesor da área sanitaria da Coruña e Cee.  Pola súa banda, Rafa Rodríguez, presidente da entidade, acudiu ao F oro Receita Deportiva, celebrado no espazo Abanca Coruña, xunto con Alba Cuba voluntaria de Alcer Pontevedra.  - INFORMACIÓN | Axudas para persoas residentes no Concello de Arteixo - EVENTOS | Mesa informativa no MillaRock O vindeiro venres 31 de xullo estaremos na décima edición do Festival Millarock (Ames) cunha mesa informativa en horario de 19:00 a 21:30 para concienciar sobre a importancia da doazón de órganos e hábitos de vida saudables. Achégate a saudarnos   - LOTERIA DE NADAL 2026 Xa temos á venda ...

Alcer Coruña | Novidades da semana do 13 de xullo do 2026

Imagen
  - EQUIPO TÉCNICO | Benvida, Antía! Esta semana comeza Antía a traballar con nós, traballadora social que desenvoverá a súa labor na delegación da Coruña. Deixámosvos o seu contacto para que teñades de referencia! - SERVIZOS E PROGRAMAS | Alcer ao teu carón! Recordamos os servizos e programas vixentes en Alcer Coruña para que poidades ter á man. Desde o equipo técnico da entidade resolveranse todas as vosas dúbidas e consultas! - MÁIS NOVAS DE INTERESE    AXUDAS AO ESTUDO da Fundación Randstad. Para persoas maiores de idade e cunha discapacidade recoñecida que cursen estudos universitarios ou ciclos formativos de grao superior relacionados con matemática computacional, a estatística aplicada, a administración e dirección de empresas, economía, marketing, disciplinas STEM, informática, comunicacións, comercio, marketing, administración ou xestión.    Solicita máis información na súa páxina web   Non esquezas consultar    na nosa páxina web as e...