ALCER CORUÑA | Novidades da semana do 2 de marzo do 2026

 - DÍA MUNDIAL DO RIL 2026| Programación

O próximo xoves 12 de marzo celebramos o DÍA MUNDIAL DO RIL e compartimos a programación da semana. Animámosvos a participar en todos os puntos informativos que instalaremos en toda a provincia!

- ALCER CORUÑA CO DEPORTE| Partidos de baloncesto a prol da doazón

👉🏻 O sábado 14 de marzo estaremos en Carballo no encontro entre o Básquet Xiria e o SIGALTEC cunha mesa informativa a prol da saúde renal. Temos entradas gratuítas dispoñibles para persoas socias e voluntarias da entidade!​
👉🏻 O domingo 5 de abril tamén estaremos difundindo a importancia do coidado da saúde renal no encontro entre o Obradoiro CAB e a Súper Agopal Palencia en Santiago de Compostela. Quedan aínda entradas!

- ASEMBLEAS 2026| Ordinaria e extraordinaria

Tralas chamadas individuais que realizamos a todas as persoas socias e tamén tralo envío da convocatoria por correo postal, recordamos que nos gustaría contar coa vosa participación o próximo domingo 22 de marzo. Agardámosvos!

- NUTRICIÓN| Obradoiro en Santiago de Compostela

Apura para inscribirte no obradoiro de "dietoterapia en enfermidade renal crónica e cociña renal saudable" que terá lugar o próximo xoves 26 de marzo en Santiago de Compostela. Xa quedan menos prazas!

- OCIO| Fin de semana de deporte adaptado!

Se che gusta o deporte e queres pasar unha fin de semana diferente, non dubides en inscribirte nesta actividade!

- PROGRAMA "QUEN ANDA AHÍ" | Queres asistir?

Seguimos buscando público para participar no programa da Televisión de Galicia "Quen anda ahí"? Anímaste? Chámanos ou escríbenos por WhatsApp ao 670.34.39.49!

OUTRAS NOVAS DE INTERESE

📝 Consulta AQUÍ as circulares informativas con convocatoria vixente.
📅 Consulta a nosa programación de actividades no noso CALENDARIO WEB

Enfermidade renal

👉🏻 Falece o periodista Fernando Ónega, diagnosticado de enfermidade renal e transplantado en vida da súa muller 🔗📱 Podes ler AQUÍ a nova completa
👉🏻 Sabías que a enfermidade renal crónica se relaciona co aumento do risco de ter un diagnóstico de Herpes Zóster? 🔗📱 Consulta máis información na páxina web da farmacéutica GSK e tamén ao voso profesional de referencia de nefroloxía
👉🏻 En Burgos levan 2 anos incluíndo nas probas dos recoñecementos médicos laborais a detección precoz da enfermidade renal crónica. Neste tempo detectaron un 14,1% dos casos nunha campaña denominada "Objetivo No Diálisis" 🔗📱 Podes ler AQUÍ a nova completa
👉🏻 O ácido fosfórico que contén os refrescos é perxudicial para a saúde renal, para os osos e a saúde xeral? 🔗📱 Nesta nova poderás ler un o artigo onde se aborda esta temática

Comentarios