ALCER CORUÑA | Especial Día Mundial do Ril 2026

 DELEGACIÓN DE SANTIAGO 

Mesa informativa na Praza do Toural

Onte estivemos na Praza do Toural de 11 a 18 horas achegando a importancia do coidado da saúde renal á poboación compostelá co reparto de 800 dípticos informativos. Tamén realizamos un total de 178 medicións de glicosa e tensión arterial e repartimos outras tantas mazás!

📸 (de esquerda a dereita): Jessica Antelo (terapeuta ocupacional de Alcer Coruña), Mónica Conde (traballadora social da delegación de Santiago de Compostela), Nerea Sánchez (alumna en prácticas de traballo social), Xan Duro (concelleiro de mobilidade e convivencia de Santiago de Compostela), Goretti Sanmartín (alcaldesa de Santiago de Compostela), Alfredo Saborido (vicepresidente e xerente de Alcer Coruña), Begoña Tarrío (administrativa de Diaverum Santiago), Nerea Lesta (supervisora de enfermería de HM La Esperanza), Rosa Álvarez (supervisora de enfermería de Diaverum Santiago) e Rebeca Mosquera (voluntaria de Alcer Coruña)
📸 (de esquerda a dereita): Nerea Lesta (supervisora de enfermería de HM La Esperanza), Mariana Garbiras (directora médica de HM La Esperanza), Juan Manuel González (subdirector de Humanización e Atención do CHUS), Gemma Castiñeiras (directora médica de HM Hospitales Santiago) e Rosa Álvarez (supervisora de Diaverum Santiago de Compostela)

DELEGACIÓN DE FERROL

Mesa informativa no Odeón

O mércores estivemos de 17:00 a 20:00 no Centro Comercial Odeón de Narón achegando tamén a importancia dos hábitos de vida saudables para o coidado da saúde renal e realizamos un total de 43 medicións de tensión e glicosa. Participaron María José Brión (tesoureira de Alcer Coruña), Rafael Rodríguez (presidente de Alcer Coruña), Ángela Breijo (traballadora social da delegación de Ferrol), Ana Trasmonte (xestora administrativa da entidade) e as persoas voluntarias: Isabel Carballeira, Luz Pumar, Jesús López, Luisa López e Juan Cagiao e Gumersindo González

Mesa informativa na Facultade de Enfermería

Onte tamén estivemos na Facultade de Enfermería de Ferrol de 10:00 a 13:15 horas. 
📸 (de esquerda a dereita): Pablo Bouza (xefe de servizo de nefroloxía do CHUF), María José Brión (tesoureira de Alcer Coruña), Ángela Breijo (traballadora social da delegación de Ferrol), Gumersindo González (voluntario de Alcer Coruña) e Rafael Rodríguez (presidente de Alcer Coruña)

📸 Tamén participou Ana Trasmonte, xestora administrativa de Alcer Coruña.

DELEGACIÓN DA CORUÑA

Mesa informativa na Facultade de Enfermería

Mesa informativa para o fomento da saúde renal na Facultade de Enfermería da Universidade da Coruña de 10:00 a 14:00 horas con medicións de tensión arterial e glicosa e enrega de mazás.
📸  (de esquerda a dereita): Tatiana Rieiro González e Marta Rey Tarrío (enfermeiras en prácticas da UDC) , Cristina López López (traballadora social da delegación da Coruña), Francisco Javier Encinar González (persoa voluntaria de Alcer Coruña).

Mesa informativa no Hospital San Rafael

O xoves estivemos no hall do Hospital San Rafael sensibilizando sobre hábitos nutricionais saudables para o coidado da saúde renal e repartindo dípticos informativos.
📸  (de esquerda a dereita): Marisol Gómez (voluntaria de Alcer Coruña) e Nerea Nogueira (nutricionista da Federación Alcer Galicia)
Mesa informativa no CHUAC
No Complexo Universitario de Santiago de Compostela participamos na actividade da farmacéutica Boehringer "Conexiones (in) visibles"
📸 (de esquerda a dereita): Amparo Sanjosé (subdirectora de humanización), Margarita Daza (voluntaria de Alcer Coruña), Luis Verde (xerente do CHUAC), Cristina López (traballadora social da delegación da Coruña), Nerea Nogueira (nutricionista da Federación Alcer Galicia), Miguel Pérez Fontán (xefe de nefroloxía do CHUAC), Ana Mato (vocal Xunta directiva de Alcer Coruña), Sonia Fernández- Arrutia (directora médica de Atención Primaria) e equipo de Boehringer. 

Mesa informativa no Marineda City

Onte estivemos por primeira vez no Marineda City achegando tamén o Día Mundial do Ril e realizando medicións de glicosa e tensión arterial gratuítas.
📸 (de esquerda a dereita): Ocdetti Beatriz (voluntaria de Alcer Coruña), Paula Briones e Yéssica Otero (farnacéuticas) e Laura López (psicóloga de Alcer Coruña)

- SINERXIAS| Día da Muller de Narón

O domingo asistimos ao acto institucional polo Día da Muller no Concello de Narón, no que María Luz Pumar, socia de Alcer Coruña, foi distinguida como muller do ano de Narón 2026. Neste acto tamén se realizou un recoñecemento á memoria doutra das nosas voluntarias, Eva Veiga.
📸 (de esquerda a dereita): María Lorenzo (concelleira de igualdade do Concello de Narón), María José Brión (tesoureira de Alcer Coruña), María Luz Pumar (socia de Alcer Coruña), Isabel Carballeira (socia e voluntaria de Alcer Coruña), Marián Ferreiro (alcaldesa do Concello de Narón) e Rafael Rodríguez (presidente de Alcer Coruña). 

Comentarios