ALCER CORUÑA | Novidades da semana do 3 de novembro do 2025

- ANDAINA A PROL DA DOAZÓN| Concello de Frades

O pasado sábado máis de 150 persoas participaron na andaina a prol da doazón organizada no Concello de Frades e a favor de Alcer Coruña. Antes de comezar, homenaxeáronse ás persoas trasplantadas do Concello nun acto emotivo no que puidemos celebrar a vida grazas ao xesto de moitas familias que doaron os órganos dos seus seres queridos e que permitiron seguir escribindo outras historias.
Desde Alcer Coruña queremos agradecer a Rebeca (social e transplantada de ril en maio deste ano) e á súa familia o compromiso con esta entidade e co fomento da importancia da doazón!

- MONÓLOGO SOLIDARIO| Pepo Suevos & Friends

Recorda que o sábado 22 temos unha cita solidaria en Culleredo con Pepo Suevos & Friends!
👉🏻 Entrada solidaria de 10€
👉🏻 Fila 0 a través de BIZUM co código 05242
👉🏻 Reserva de entradas no 670.33.90.66 / eventossolidarios@alcercoruna.org
👉🏻 Comparte nas túas redes sociais o evento para chegar a máis persoas! FacebookInstagramX

- INFORMACIÓN| Programa de termalismo do IMSERSO

- FORMACIÓNS| Obradoiros de dispositivos móbiles

Compartimos a calendarización dos obradoiros de dispositivos móbiles que terán lugar en Coruña e Santiago de Compostela no mes de decembro. Chámanos para realizar a inscrición!

- FINANCIAMENTO 2025| Concello da Coruña

- FORMACIÓN Obradoiro en Santiago de Compostela

Últimas prazas para o próximo xoves!

- XORNADAS E XANTAR DE NADAL| Anímate a participar!

Esta semana comezamos a contactar de forma telefónica para convidarvos ás VII Xornadas de Persoas con Enfermidade Renal de Galicia no salón de actos do Centro Social de Bertamiráns (Concello de Ames) e ao xantar de nadal que terá lugar a continuación en Teo (no restaurante "San Martiño").
🚌 Sairán autobuses GRATUÍTOS que trasladarán ás xornadas e ao restaurante desde as cidades de Ferrol A Coruña.
🍲 O prezo do xantar é de 22€ para persoas socias e 25€ para persoas non socias.

- RECEITA| Sandwich de ensalada de col



Comentarios