ALCER CORUÑA | Novidades da semana do 17 de novembro do 2025
- SENSIBILIZACIÓN| Día Mundial da Diabetes
O pasado sábado 15 de novembro o presidente de Alcer Coruña, Rafael Rodríguez, participou na xornada "diabetes e benestar laboral" organizada pola asociación de diabetes de Ferrolterra. Esta actividade saiu na prensa e. Podes consultar aquí a nova completa
- SENSIBILIZACIÓN| I Feira da Saúde e Sociedade
O sábado tamén estivemos na Coruña na I Feira da Saúde e Sociedade organizada pola UDC Saudable e o Concello da Coruña para achegar a nosa labor ás persoas interesadas e sensibilizar sobre a importancia da doazón de órganos e hábitos de vida saudable.
- SINERXIAS| Consello asesor de maiores de Santiago
O xerente de Alcer Coruña, Alfredo Saborido, asistiu este martes ao consello asesor de persoas maiores de Santiago de Compostela e comezará a formar parte a partires de agora da Comisión de Saúde da mesma.
- TARDES CON ALCER| Nas 3 delegacións da entidade
Esta semana tiveron lugar as convocatorias dos grupos de tardes con Alcer das delegacións de A Coruña, Ferrol e Santiago de Compostela.
- FORMACIÓNS| Obradoiros de dispositivos móbiles
Próximos obradoiros de dispositivos móbiles en Coruña e Santiago de Compostela no mes de decembro. Chámanos para realizar a inscrición!
- EMPRESA CONVENIADA| Arela Saúde
Ser persoa socia de Alcer Coruña ten vantaxas e neste caso presentámosvos a "Arela Saúde", que ofrece descontos na súa primeira consulta e consultas de seguimento para mellorar os nosos hábitos nutricionais 
Visita aquí a súa páxina web

Visita aquí a súa páxina web- NOVO CORO GÓSPEL SOLIDARIO| En Bertamiráns
Faite coa túa entrada escribíndonos a eventossolidarios@ alcercoruna.org ou chamándonos ao 670.33.90.66. Fila 0 a través de Bizum co código 05242
- XORNADAS E XANTAR DE NADAL| Anímate a participar!
Quedan os últimos días para poder realizar a túa inscrición nas VII Xornadas de Persoas con Enfermidade Renal de Galicia e no xantar de nadal!
.jpeg)












Comentarios
Publicar un comentario