ALCER CORUNA | Novidades da semanan do 10 de novembro

- SINERXIAS| Reunión co concello de Narón

A pasada semana tivo lugar unha reunión con Concello de Narón á que asistiron Rafael Rodríguez (presidente de Alcer Coruña) e María José Brión (tesoureira da entidade) e na que reafirmamos a necesidade de reforzar o convenio existente co concello para desenvolver accións de sensibilización sobre a doazón de órganos e atención ás persoas con enfermidade renal e familiares. Podes ler aquí a nova de prensa que saiu publicada desta xuntanza​

- MONÓLOGO SOLIDARIO| Pepo Suevos & Friends

Aínda estás a tempo de mercar a túa entrada solidaria escribíndonos a eventossolidarios@alcercoruna.org ou chamándonos ao 670.33.90.66. Fila 0 a través de Bizum co código 05242

- NOVO CORO GÓSPEL SOLIDARIO| En Bertamiráns

Faite coa túa entrada escribíndonos a eventossolidarios@alcercoruna.org ou chamándonos ao 670.33.90.66. Fila 0 a través de Bizum co código 05242

- SINERXIAS| Exposición en Ourense

A pasada semana asistiron o presidente de Alcer Coruña (Rafael Rodríguez) e o vicepresidente (Alfredo Saborido) á presentación da exposición "la enfermedad renal: un problema de salud pública" que tivo lugar en Ourense 🔗📱 Consulta aquí toda a información sobre a mesma!

- OBRADOIRO| "Ti podes, estratexias para previr situacións de dependencia"

Na tarde de onte tivo lugar en Santiago de Compostela o obradoiro "Ti podes", impartido por Jessica Antelo (terapeuta ocupacional de Alcer Coruña). No obradoiro abordouse de forma xenérica o aforro enerxético que pode establecerse para poder paliar o casanzo crónico que amosa este colectivo como consecuencia da repercusión que teñen sobre o organismo os tratamentos renais substitutivos e a medicación que teñen prescrita. Tamén se fomentou a importancia da incorporación do uso de produtos de apoio para facer fronte ás principais limitacións que poden presentarse para realizar de forma satisfactoria as actividades básicas e instrumentais da vida diaria e previr así situacións de dependencia.

- ACTIVIDADES| I Feira da Saúde e Sociedade

Mañá poderás atoparnos na I Feira de Saúde e Sociedade que terá lugar no Ágora (A Coruña) de 9:30 a 14:00 horas. 

SOCIO| Película "Soñando entre leones"

Sesión de cine en Ferrol o próximo luns 17 de novembro na que colabora a entidade "Derecho a morir Dignamente" 🔗📱 Consulta aquí toda a información

- FORMACIÓNS| Obradoiros de dispositivos móbiles

Compartimos a calendarización dos obradoiros de dispositivos móbiles que terán lugar en Coruña e Santiago de Compostela no mes de decembro. Chámanos para realizar a inscrición!


- XORNADAS E XANTAR DE NADAL| Anímate a participar!

🚌 Sairán autobuses GRATUÍTOS desde trasladarán ás xornadas e ao restaurante desde Ferrol, A Coruña e Santiago de Compostela que trasladarán ás persoas participantes ata Bertamiráns e o restaurante.
🍲 O prezo do xantar é de 22€ para persoas socias e 25€ para persoas non socias.

- RECEITA| Repolo con xamón​






Comentarios