ALCER CORUÑA | Novidades da semana do 24 de novembro do 2025
- EVENTO SOLIDARIO | Monólogo de Pepo Suevos & Friends
O pasado sábado foi o monólogo solidario en Culleredo a prol da doazón de órganos de Pepo Suevos & Friends (Alfredo Saborido e Patricia Calo). Reuníronse 150 persoas e grazas ao donativo de todas elas, puidéronse recaudar preto de 2.000€ para poder continuar cos servizos e programas de Alcer Coruña.
- SENSIBILIZACIÓN | CEIP Plurilingüe Virxe do Mar
O mércores achegámonos ao CEIP Plurilingüe Virxe do Mar de Narón, xunto co noso voluntario Suso López, para achegar a importancia da doazón de órganos e os hábitos de vida saudable ao alumnado de 6º de primaria.
- EVENTO SOLIDARIO E XORNADAS| Concello de Ames
Esta fin de semana organízanse varios eventos en Alcer a nivel provincial e galego.
- O sábado 29 terá lugar o concerto solidario de góspel en Bertamiráns.
- O domingo 30 celebraremos as VII Xornadas de Persoas con Enfermidade renal de Galicia na mesma ubicación.
Esta semana o noso coordinador, Alfredo Saborido, realizou a presentación de ambos evetos xunto coa concelleira de Benestar Social, Igualdade e Voluntariado do Concello de Ames (Uxía García) 
Podes ler aquí toda a información de ambos eventos
- FORMACIÓNS| Obradoiros de dispositivos móbiles
Próximos obradoiros de dispositivos móbiles en Coruña e Santiago de Compostela no mes de decembro. Chámanos para realizar a inscrición!
- RECEITA| Albóndegas con salsa de curry
- NOVIDADES DE INTERESE|
Transplantes
No programa "Salvados" saiu o pasado domingo unha entrevista ao equipo de transplantes do Hospital Vall d'Hebron durante un transplante pulmonar 
Podes visualizalo aquíEnfermidade renal
Sabías que as pedras nos riles poden provocar infeccións de gravidade? O urólogo Alejandro Cárdenas explícao 
neste artigo.jpg)
.jpg)




Comentarios
Publicar un comentario