Alcer Coruña | Novidades da semana do 13 de xullo do 2026

 - EQUIPO TÉCNICO| Benvida, Antía!

Esta semana comeza Antía a traballar con nós, traballadora social que desenvoverá a súa labor na delegación da Coruña. Deixámosvos o seu contacto para que teñades de referencia!

- SERVIZOS E PROGRAMAS| Alcer ao teu carón!

Recordamos os servizos e programas vixentes en Alcer Coruña para que poidades ter á man. Desde o equipo técnico da entidade resolveranse todas as vosas dúbidas e consultas!

- MÁIS NOVAS DE INTERESE

👉🏻  AXUDAS AO ESTUDO da Fundación Randstad. Para persoas maiores de idade e cunha discapacidade recoñecida que cursen estudos universitarios ou ciclos formativos de grao superior relacionados con matemática computacional, a estatística aplicada, a administración e dirección de empresas, economía, marketing, disciplinas STEM, informática, comunicacións, comercio, marketing, administración ou xestión. 🔗📲 Solicita máis información na súa páxina web
👉🏻 Non esquezas consultar 🔗📲 na nosa páxina web as empresas conveniadas que ofrecen descontos de interese para persoas socias de Alcer Coruña 
👉🏻 Compartimos 🔗📲 neste enlace unha guía para acompañar a persoas cun diagnóstico de cancro renal e ás súas familias, na que colaborou a Federación Nacional Alcer
👉🏻 O Grupo BioCriti xunto coa Univeridade de Valladolid e o Servizo de Anestesia e Reanimación do Hospital Clínico de Valladolid investigan sobre a identificación de biomarcadores da urina para a detección precoz da enfermidade renal. 🔗📲 Consulta a nova completa neste enlace
👉🏻 Nesta nova poderás coñecer o labor da fisioterapia antes e despois dun transplante de órganos  🔗📲 Accede aquí á súa lectura
👉🏻 Desde o Hospital Univesitario de Bellvitge e o Instituto de Investigación Biomédica estudan a viabilidade de personalizar a dose de tacrolimus nas persoas transplantadas 🔗📲 Podes ler aquí o artigo completo
👉🏻 O uso de células nai xa forma parte dos novos avances na xeración de tecidos renais que poidan transplantarse 🔗📲 Bótalle un ollo a este interesante artigo
👉🏻 Coñeces como se preservan os órganos das persoas doadoras en asistolia? 🔗📲 Este artigo pode ser de interese se queres ter máis información sobre isto!

🗣️ Séguenos de preto nas nosas redes sociais, comparte as nosas publicacións, dalles moito amor e apoia a nosa labor! 💚🧡💚

Comentarios