Alcer Coruña | Novidades da semana do 27 de xullo do 2026
- SINERXIAS| Participación no Foro Receita Deportiva
A semana pasada comunicábamos que o presidente de Alcer Coruña, Rafael Rodríguez, participara no Foro Receita deportiva no espazo ABANCA da Coruña e hoxe compartimos a fotografía de todas as persoas participantes.
- SINERXIAS| Participación no IV Consello de Pacientes do Hospital Ribera Juan Cardona
Este mércores Rafael Rodríguez (presidente) e Juan Cagiao (vocal), acudiron ao IV Consello de Pacientes do Hospital Ribera Juan Cardona de Ferrol. Podes consultar 
neste enlace os contidos da xuntanza.

neste enlace os contidos da xuntanza.- INFORMACIÓN| Acceso á xubilación anticipada a persoas con enfermidade renal
Onte saia publicado no BOE o Real Decreto no que se recoñece o acceso á xubilación anticipada de 11 novas patoloxías, entre a que se atopa a enfermidade renal crónica no seu estadío 5 
Consulta neste enlace o texto completo e non dubides en poñerte en contacto con nós se precisas máis información!

Consulta neste enlace o texto completo e non dubides en poñerte en contacto con nós se precisas máis información!- INFORMACIÓN | Axudas para persoas residentes no Concello de Arteixo
Prazo de solicitude ata o próximo domingo 9 de agosto
- ACTIVIDADE DE INTERESE| Congreso Nacional para persoas con enfermidade renal
Deixámosvos toda a información no cartaz desta actividade anual que organiza a Federación Nacional Alcer
.jpg)





E recorda que se queres colaborar coa entidade, podes axudarnos coa venta de participacións. Contacta con nós para máis información!
Comentarios
Publicar un comentario