Alcer Coruña | Novidades da semana do 20 de xullo do 2026
- FINANCIACIÓN | Concello de Culleredo
Grazas ao concello de Culleredo por apoiar a nosa labor concedéndolle a Alcer Coruña unha subvención de 4.500€ polo traballo desenvolvido entre os anos 2022 - 2024.
- XUNTA DIRECTIVA | Actividades da semana
O pasado luns 20 de xullo, Oliva García, vogal da entidade, estivo presente de xeito online no Consello Asesor da área sanitaria da Coruña e Cee.
Pola súa banda, Rafa Rodríguez, presidente da entidade, acudiu ao Foro Receita Deportiva, celebrado no espazo Abanca Coruña, xunto con Alba Cuba voluntaria de Alcer Pontevedra.
- INFORMACIÓN | Axudas para persoas residentes no Concello de Arteixo
- EVENTOS | Mesa informativa no MillaRock
O vindeiro venres 31 de xullo estaremos na décima edición do Festival Millarock (Ames) cunha mesa informativa en horario de 19:00 a 21:30 para concienciar sobre a importancia da doazón de órganos e hábitos de vida saudables. Achégate a saudarnos 





- LOTERIA DE NADAL 2026
Xa temos á venda a lotería de Nadal! Non quedes sen ela 

Séguenos de preto nas nosas redes sociais, comparte as nosas publicacións, dalles moito amor e apoia a nosa labor! 


- Instagram: @alcercoruna
- Facebook: ALCER Coruña
- X: @alcercoruna




Comentarios
Publicar un comentario