ALCER CORUÑA | Novidades da semana do 15 de xuño do 2026
- FORMACIÓN | Obradoiro de terapia ocupacional na Coruña
Un total de 8 persoas asistiron este mércores 17 de xuño ao obradoiro impartido pola terapeuta ocupacional de Alcer Coruña (Jessica Antelo) no CHUAC. O obxectivo da formación foi dar a coñecer ás persoas asistentes estratexias para poder facer fronte á fatiga física que pode estar asociada a un diagnóstico de enfermidade renal crónica e como previr situacións de risco no domicilio á hora de participar nas actividades da vida diaria.
- VIVENCIAS | Mario López logra outro ito
Mario López, vogal da Xunta Directiva da entidade, participou o pasado sábado 13 de xuño no Campeonato Galego de Natación Máster que se celebrou en Santiago de Compostela. Mario competiu na categoría de relevos 4X50 libres e logrou a súa mellor marca na proba de 50 braza.
Noraboa, Mario!
- SINERXIAS | Consello Asesor de Doentes da Área Sanitaria de Ferrol
O venres 12 de xuño, Rafa Rodríguez, presidente da entidade, estivo no Consello Asesor de Doentes da AS de Ferrol. Neste acto as asociacións de doentes tivemos a oportunidade de facer as nosas achegas e suxestións.
- SINERXIAS | Consello Asesor de persoas maiores do concello de Santiago de Compostela
O pasado luns 15 de xuño, Alfredo Saborido, xerente da entidade, participou no Consello de Persoas Maiores do concello de Santiago de Compostela. Neste acto propúxose unha declaración institucional polo Día Mundial da toma de conciencia do abuso e o maltrato na vellez.
- SINERXIAS | Asemblea da Federación COGAMI Coruña e celebración da Comisión Sociosanitaria de COGAMI
Este martes 16 de xuño, Alfredo Saborido, xerente da entidade participou na asemblea da Federación de COGAMI Coruña. Aquí podes atopar máis información sobre o acto.
Ademais, ese mesmo día, Rafa Rodríguez e Alfredo Saborido, presidente e vicepresidente da entidade, tamén participaron na Comisión Sociosanitaria de COGAMI.
- SINERXIAS | Concello da Coruña
Marcelo Silva, vogal da Xunta Directiva da entidade, participou este mércores 17 de xuño no acto de balance do mandato do Concello da Coruña celebrado na sala de Exposicións de Palexco.







Comentarios
Publicar un comentario