ALCER CORUÑA | Especial Día do Doante de Órganos 2026

DELEGACIÓN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Gravación dun vídeo homenaxe coas persoas transplantadas de HM La Esperanza

O pasado 27 de maio o vicepresidente de Alcer Coruña (Alfredo Saborido), xunto con Javier García (vocal); achegáronse a HM La Esperanza para gravar un vídeo homenaxe ás persoas doadoras de órganos e no que participaron persoas que realizaron alí tratamento de hemodiálise e que se transplantaron no último ano. Convidámosvos a ver o vídeo neste enlace! ​

Centro de Saúde de Bertamiráns

O martes estivemos de 10:00 a 14:00 horas no Centro de Saúde de Bertamiráns achegando a importancia da doazón de órganos.
- Voluntaria que axudou a que a xornada puidese desenrolarse: Carmen Rey.
- Equipo técnico que apoiou a actividade: Mónica Conde (traballadora social da delegación de Santiago de Compostela)​

Praza do Toural

​O mércores instalamos unha carpa informativa no Toural de 11:00 a 17:00 horas, onde repartimos un total de 800 dípticos con información específica sobre a doazón de órganos.
- Acompañáronnos: Gloria García (directora de enfermería de HM Hospitales La Esperanza) e Juan González (encargado do servizo de Humanización do CHUS).
- En representación de Alcer Coruña estiveron: Alfredo Saborido (vicepresidente), Ana Mato (secretaria) e Javier García (vocal).
- Voluntariado que axudou a que a xornada puidese desenrolarse: Daniel Carrillo, Celia Uzal, Silvia Pérez, Rebeca Blanco, Jorge Lobelos e Carmen Rey.
- Equipo técnico que apoiou a actividade: Ignacio Sancho e Mónica Conde (traballadores sociais da Federación Alcer Galicia e Alcer Coruña)

DELEGACIÓN DA CORUÑA

Hospital San Rafael

O martes 2 instalamos unha mesa informativa na entrada do Hospital San Rafael de 10:00 a 14:00 horas.

- Voluntariado que axudou a que a xornada puidese desenrolarse: Mildred Ageneris Cabral, Beatriz Tohux e Patricia García.
- Equipo técnico que apoiou a actividade: Cristina López (traballadora social da delegación da Coruña)

Fundación ONCE

O mércores estivemos cunha mesa informativa no acceso á sede da Función ONCE da Coruña de 10:00 a 14:00 horas.

- Acompañáronnos: Constantino Fernández Rivera e Miguel Pérez Fontán (nefrólogos do CHUAC)
- En representación de Alcer Coruña estiveron: Oliva García e Marcelo Silva (vocais)
- Equipo técnico que apoiou a actividade: Laura López (psicóloga de Alcer Coruña)​

DELEGACIÓN DE FERROL

Carpa informativa na praza de Armas

O mércores en Ferrol tamén instalamos unha carpa informativa na Praza de Armas 10:00 a 14:00 horas.

- Acompañáronnos: a subdirectora do Servizo de Humanización do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (Estrella López) e a supervisora do Servizo de Atención ao Doente (Laura Almeida)
- En representación de Alcer Coruña estiveron: Rafael Rodríguez (presidente), María José Brión (tesoureira), Ángeles Fernández e Juan Cagiao (vocais)
- Voluntariado que axudou a que a xornada puidese desenrolarse: Xandre e Sofía
- Equipo técnico que apoiou a actividade: Ana Trasmonte (xestora administrativa) e Ángela Breijo (traballadora social da delegación de Ferrol)

DELEGACIÓN DE FERROL

Centro Comercial Odeón (Narón)

O mércores de tarde estivemos no Centro Comercial do Odeón en Narón de 17:00 a 20:00

- En representación de Alcer Coruña estiveron: María José Brión (tesoureira) e Juan Cagiao (vocal)
- Voluntariado que axudou a que a xornada puidese desenrolarse: Suso López, Gumer González, Ángela Pérez e Luisa López
- Equipo técnico que apoiou a actividade: Ana Trasmonte (xestora administrativa) e Ángela Breijo (traballadora social da delegación de Ferrol)​
​​

Este ano tamén contamos co apoio do eido deportivo, pero será a próxima semana cando vos enviaremos o impacto final. Polo momento deixámosvos acceso á 🔗📲  NOVA DE PRENSA que se fixo viral esta semana onde Borja Iglesias, xogador do Celta de Vigo, inauguraba esta parte da nosa campaña.

🗣️ Séguenos de preto nas nosas redes sociais, comparte as nosas publicacións, dalles moito amor e apoia a nosa labor! 💚🧡💚

Comentarios