ALCER CORUÑA | Novidades da semana do 22 de xuño do 2026

- FORMACIÓN | Obradoiro de exercicio físico para persoas con ERC e familiares

Na tarde deste xoves 25 de xuño, 7 persoas vencelladas á entidade participaron no obradoiro sobre a importancia do exercicio físico na ERC. Dita formación celebrouse no centro cívico de Monelos (A Coruña) e impartiuna Pablo Martínez, especialista en Fisioterapia deportiva. O obxectivo da formación foi  mellorar a calidade de vida das persoas con enfermidade renal mediante a práctica segura de exercicio físico, fomentando a mobilidade, a flexibilidade e a forza muscular para manter a autonomía funcional, previr o deterioro físico e favorecer o benestar xeral. 
⚠️ Recorda que podes participar nas clases semanais gratuitas que levamos a cabo na cidade da Coruña. 

- INFORMACIÓN | Recoñecemento do Grao de Dependencia

- INFORMACIÓN | Bono Taxi do Concello de Santiago Compostela 



- SINERXIAS | Viaxe ao concello do Carballiño
Os días 19, 20 e 21 de xuño, 16 persoas vencelladas a Alcer Coruña puideron coñecer a Ribeira Sacra grazas á viaxe de fin de semana que organizou a Federación Alcer Galicia.

- TESTEMUÑAS DE PERSOAS CON ENFERMIDADE RENAL | Manuel González e Alfredo Saborido 

Esta semana a prensa fíxose eco das historias de Manuel González (usuario e socio da entidade) e Alfredo Saborido (vicepresidente da xunta directiva) 👇

- Accede 🔗📲 nesta ligazón á reportaxe de Manuel e coñecer o seu día a día convivindo co tratamento de diálise peritoneal. 

- OUTRAS NOVAS DE INTERESE
🤝 Desde COGAMI convídannos a participar no proxecto promovido por COCEMFE para coñecer a experiencia das persoas con discapacidade física e orgánica en relación coa accesibilidade, a participación social, as redes de apoio e o benestar. Se tes unha discapacidade física ou orgánica recoñecida, máis de 50 anos, eres muller e/ou ben vives na contorna rural ou nunha zona con menor rede apoio animámoste a participar cubrindo a enquisa que atoparás premendo AQUI.
📝 Consulta AQUÍ as circulares informativas con convocatoria vixente.

Comentarios