ALCER CORUÑA | Novidades da semana do 6 de abril do 2026
- SENSIBILIZACIÓN| Fomento da importancia do coidado da saúde renal co Obradoiro CAB
O domingo instalamos unha mesa informativa no Multiusos Fontes do Sar de Santiago de Compostela para achegar ás persoas asistentes ao partido entre o Obradoiro CAB e o Palencia a importancia dos hábitos de vida saudables. Antes do encontro, persoas voluntarias da entidade repartiron nas 5 portas de acceso ao recinto 1.800 dípticos informativos con recomendacións xerais para sensibilizar sobre a importancia do coidado da saúde renal. Todas elas puideron desfrutar despois do partido, dentro da grada solidaria do clube compostelán.
- OCIO| Fomos ao "Quen anda aí?"
Este luns asistimos como público ao programa "Quen anda aí" da Televisión de Galicia
Podes volver a velo aquí- SINERXIAS| Feirón en Rede en Carballo
O pasado mércores 1 de abril o xerente de Alcer Coruña, Alfredo Saborido, asistiu á presentación do II Feirón en Rede do Concello de Carballo. A actividade, prevista para este domingo día 12, adiouse para o próximo domingo 10 de maio.
- TARDES CON ALCER| Delegación de Santiago
O mércores xuntouse o grupo de iguais da delegación de Santiago de Compostela
- SINERXIAS| Obradoiro de psicoloxía en Culleredo
Na mañá de onte a psicóloga de Alcer Coruña, Laura López, estivo no Centro Ocupacional A Escada de Culleredo abordando coas persoas usuarias do recurso as emocións e como aprender a xestionalas.
- FORMACIÓN | Obradoiro de terapia ocupacional en Narón
- VIAXE INTERNACIONAL| Para persoas con enfermidade renal crónica e familiares
- EMPRESA CONVENIADA| Coidadosamente
Desfruta das vantaxas de ser persoa socia de Alcer Coruña! Desconto doe 20€ en cada sesión de psicoloxía!
COÑÉCEOS MELLOR AQUÍ e pide a túa cita por correo electrónico enviando o carné de persoa socia!

COÑÉCEOS MELLOR AQUÍ e pide a túa cita por correo electrónico enviando o carné de persoa socia!- OUTRAS NOVAS DE INTERESE
Consulta AQUÍ as circulares informativas con convocatoria vixente.
Segue de preto a nosa programación de actividades no CALENDARIO WEB
No día de onte aprobouse o Documento de Consenso para a Abordaxe da Enfermidade Renal Crónica 
Podes ler a nova completa aquí.jpeg)




.jpg)
.jpg)
.jpg)
Comentarios
Publicar un comentario