ALCER CORUÑA | Novidades da semana do 20 de abril do 2026

- SENSIBILIZACIÓNFomento da doazón en Santiago de Compostela

O pasado domingo estivemos no encontro entre a SD Compostela e o Atlético Coruña Montañeros SC no Estadio Municipal Verónica Boquete de Santiago de Compostela achegando a importancia da doazón de órganos ás persoas afeccionadas. Participaron como representantes da Xunta Directiva de Alcer Coruña Mario López e Rubén Soñora (vogais); e tamén nos acompañaron Daniel Pereiro, Carmen Rey e Yolanda Simois como persoas voluntarias.​

- SENSIBILIZACIÓNFomento da doazón en Ferrol

​Este martes o noso presidente, Rafa Rodríguez, volveu ao Colexio Sagrado Corazón Mercedarias de Ferrol. Desta volta un total de 45 estudantes de 4º da ESO puideron coñecer a enfermidade renal, a doazón de órganos, a labor de voluntariado e a función das entidades sociais.

​​- SINERXIASFeira da Saúde en Ferrol​

O mércores participamos na Feira da Saúde incluída dentro do programa de actos conmemorativos do 50 aniversario do Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol.

​​- SAIMOS NOS MEDIOS Entrevista na TV de Ferrol

Tamén o mércores, no marco da participación na Feira da Saúde de Ferrol, o noso presidente Rafa Rodríguez fixo unha entrevista na Televisión de Ferrol 🔗📱 á que podes acceder aquí​

- MARCA A X SOLIDARIA | Recorda isto cando fagas a túa declaración da renda

O pasado venres estivemos xunto con outras entidades de Ferrolterra nun acto de visibilidade sobre a importancia de marcar o recadro 106 de "fins sociais" da declaración da renda para que un 0,7% dos impostos recaudados se destinen a proxectos de carácter social. Non custa nada e axudarás a mellorar a calidade de vida de milleiros de persoas!​

- EMPRESA CONVENIADA| Lares, axuda no fogar

Desfruta dun 5% de desconto tanto no servizo de axuda no fogar como nos acompañamentos hopitalarios se eres persoa socia de Alcer Coruña! Consulta a páxina web da empresa LARES!

- TARDES CON ALCER| Delegación de Ferrol

Onte xuntouse o grupo de iguais da delegación de Ferrol.

- INFORMACIÓN| ​Camiña con seguridade!


- SENSIBILIZACIÓN| Obradoiro para o fomento da doazón de órganos en Bergondo


- FORMACIÓN | Obradoiro de terapia ocupacional en Narón

OUTRAS NOVAS DE INTERESE

ℹ️ E ti? Coñeces como se fai a distribución dos órganos cando hai unha doazón? 🔗👉🏻 Recomendamos a lectura deste artigo
📝 Consulta AQUÍ as circulares informativas con convocatoria vixente.
📅 Segue de preto a nosa programación de actividades no CALENDARIO WEB

Comentarios