ALCER CORUÑA | Novidades da semana do 27 de abril do 2026

 - SINERXIASFeira da Saúde en Ames

O pasado sábado estivemos todo o día en Bertamiráns, participando na V edición da Feira da Saúde que organizou o concello. Xunto con outras entidades, puidemos achegar á poboación mahiá a importancia do coidado da saúde renal e da doazón de órganos. Na xornada participaron como membros da Xunta Directiva da entidade Alfredo Saborido (vicepresidente), Ana Mato e Martín Flores (vogais). Á traballadora social Mónica Conde tamén a acompañaron as voluntarias Rebeca Mosquera e Laura Mosquera.

- FORMACIÓNObradoiro de psicoloxía no CHUS

O luns, a psicóloga de Alcer Coruña (Laura López), impartiu un obradoiro sobre introdución á conciencia emocional no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela no que participaron 14 persoas.

- FORMACIÓNObradoiro de terapia ocupacional en Narón

O martes a terapeuta ocupacional de Alcer Coruña, Jessica Antelo, achegouse ata Narón para impartir o obradoiro "facer posible o importante". Nel, abordáronse estratexias para facer fronte á fatiga crónica que soe presentar o colectivo de persoas con enfermidade renal e que pode dificultar a participación nas actividades da vida diaria. Participaron un total de 15 persoas.

- SENSIBILIZACIÓNFomento da doazón no Concello das Pontes​

- EMPRESA CONVENIADA| Maderas y puertas San Juan

Desfruta dun 5% de desconto en todos os productos e instalación que ofrece esta empresa conveniada 👉🏻🔗 Consulta a súa páxina web para coñecelos mellor!

- SENSIBILIZACIÓNFomento da doazón en Bergondo

- TARDES CON ALCER| Delegación da Coruña

O mércores xuntouse o grupo de iguais da delegación da Coruña.

OUTRAS NOVAS DE INTERESE

📚 ADXUNTAMOS revista de Alcer do primeiro trimestre do 2026! 
ℹ️ E ti? Coñeces como se fai a distribución dos órganos cando hai unha doazón? 🔗👉🏻 Recomendamos a lectura deste artigo
📌 Borja Quiroga, nefrólogo, aborda 🔗📱 neste artigo de prensa como tratar un episodio de litiase renal 
✅ A detección precoz da enfermidade renal crónica pode retrasar ata 20 anos a necesidade de diálise e transplante de ril 🔗📱 Consulta aquí a nova completa
📝 Consulta AQUÍ as circulares informativas con convocatoria vixente.
📅 Segue de preto a nosa programación de actividades no CALENDARIO WEB

Comentarios