Alcer Coruña | Novidades da semana do 9 de novembro do 2026

 - EVENTO SOLIDARIO| Monólogo no Teatro Jofre de Ferrol

Presentámosvos o último evento solidario do ano de Alcer Coruña! Entrada gratuíta con posibilidade de donativo para a nosa entidade! 🙂
📅 Mércores 2 de decembro no Teatro Jofre de Ferrol
🕗 20:00 horas
📲 Máis información no 670339066 ou no correo electrónico eventossolidarios@alcercoruna.org

- XORNADAS| Asociación "Dereito a Morrer Dignamente"

IV Xornada Galega da Morte Digna
Testamento Vital a través de Zoom 
Preme AQUÍ o próximo 18 de novembro ás 12:00h para acceder á webinar en directo

- SINERXIAS| Obradoiro de psicoloxía en Culleredo

O pasado venres a psicóloga de Alcer Coruña, Laura López, implementou un obradoiro de psicoloxía dirixido ás persoas usuarias do Centro Ocupacional Municipal de Culleredo.

- SINERXIAS| VIII Xornadas de Persoas con Enfermidade Renal de Galicia

Recordade que queda aberto o prazo de inscrición para todas as persoas interesadas. Agardámosvos!
🚌 Bus gratuíto desde Ferrol e A Coruña
🎄 Ao rematar, xantar de nadal a 25€ para persoas socias e 27€ para persoas non socias no Restaurante San Martiño (Teo) 
📲 Incricións no 981298759 ou en alcergalicia@gmail.com

- Formación| Webinar o Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller

Para participar podes formalizar a túa inscrición AQUÍ

- LOTERÍA DE NADAL| Últimas participacións!




Comentarios