Alcer Coruña | Novidades da semana do 2 de novembro

 - FORMACIÓN | Obradoiro de exercicio físico

Este mércores organizamos o segundo obradoiro anual de exercicio físico para persoas con enfermidade renal crónica no Centro Cívico de Monelos da Coruña. Foi impartido por Pablo Martínez, fisioterapeuta e especialista en fisioterapia deportiva.

- TARDES CON ALCER | Delegacións de Ferrol e A Coruña

Na tarde de onte reuníronse os grupos de iguais nas delegacións de Ferrol e A Coruña.
Grupo "Tardes con Alcer" da delegación de Ferrol
Grupo "Tardes con Alcer" da delegación da Coruña

- SINERXIAS| VIII Xornadas de Persoas con Enfermidade Renal de Galicia

Anunciamos que o próximo 12 de decembro temos unha xornada de encontro en Santiago de Compostela. Desde hoxe ábrese o prazo de inscrición para todas as persoas interesadas. Agardámosvos!
🚌 Bus gratuíto desde Ferrol e A Coruña
🎄 Ao rematar, xantar de nadal!
📲 Incricións no 981298759

- EVENTO SOLIDARIO| Monólogo no Teatro Jofre de Ferrol
Presentámosvos o último evento solidario do ano de Alcer Coruña! Pronto vos daremos máis indicacións, pero vai reservando a data! 🙂
📅 Mércores 2 de decembro no Teatro Jofre de Ferrol
🕗 21:00 horas
📲 Máis información no 670339066

- INFORMACIÓN| Servizo Estatal de Atención a Persoas Maiores


- LOTERÍA DE NADAL| Apura e non quedes sen a túa participación!

🗣️ Precisamos da vosa participación activa nas redes sociais da entidade e tamén poñemos á vosa disposición o noso calendario web para que poidades consultar a programación de actividades. Grazas por formar parte da familia Alcer Coruña! 💚🧡💚

Comentarios