Alcer Coruña | Novidades da semana do 19 de outubro
- OCIO E SENSIBILIZACIÓN | Carreira ENKI 2026
Un ano máis estivemos presentes na Carreira ENKI visibilizando a discapacidade orgánica e participando nunha actividade de ocio e inclusión. Este ano tampouco rematamos o día coas mans baleiras e recibimos como premio unha xornada de "Bautismo Acuático" sobre a que vos facilitaremos máis información!
- OUTUBRO SAUDABLE DA UDC | Ponencia de J. Ignacio Salgado, vogal de Alcer Coruña
Este mércores estivemos na Facultade de Ciencis do Deporte e a Educación acompañando ao vocal da Xunta Directiva de Alcer Coruña (Ignacio Salgado) durante o desenrolo da súa ponencia "As prácticas motrices como terapia coadjuvante na Doenza Renal Crónica". Durante a mañá tamén instalamos unha mesa informativa para achegar o labor da entidade ao estudantado e profesorado da facultade e na que participou Marcelo Silva, vogal tamén da entidade.
- SENSIBILIZACIÓN | Mesa informativa en Carballo
O Centro de Saúde de Carballo acolleunos este mércores para poder achegar á poboación do concello a importancia do coidado da saúde renal e sensibilizar sobre a doazón de órganos. Grazas á voluntaria Olalla Castiñeiras por acompañarnos e achegar a súa testemuña como persoa con enfermidade renal transplantada de ril.
- FORMACIÓN | Obradoiro de exercicio físico
- LOTERÍA DE NADAL| Colabora con nós!
Recordamos que está a venda a lotería de nadal deste ano. Non dubides en chamarnos para conseguir a túa participación ou de colaborar con nós para a súa venda!
- OUTRAS NOVAS DE INTERESE
Transplantes
Avanzan as técnicas para as intervencións de transplante renal! O hospital Universitario de Bellvitge realizou o pasado mes o primeiro transplante mediante un sistema robótico e cunha única incisción de 7cm 
Podes ler neste enlace a nova completa
Esta semana facíase viral a historia de Carmen, que lle doou un ril en vida ao seu fillo Gonzalo 
Consulta aquí a historia completaEnfermidade renal
[RECORDATORIO] Se tes ou tiveches un cancro de ril, podes participar 
nesta enquisa que elaborou a Coalición Internacional contra o Cancro de Ril (IKCC) co fin de poder elaborar programas formativos e de sensibilización para atender de maneira integral as necesidades deste colectivo.
[RECORDATORIO] Se tes ou tiveches un cancro de ril, podes participar 
nesta enquisa que elaborou a Coalición Internacional contra o Cancro de Ril (IKCC) co fin de poder elaborar programas formativos e de sensibilización para atender de maneira integral as necesidades deste colectivo.
[RECORDATORIO] O estudo PRISMA no que participan todas as entiaddes ALCER de España xunto coa farmacéutica GSK, queren coñecer a concienciación das persoas con enfermidade renal cara a vacinación como ferramenta para previr infeccións e contribuír ao coidado da saúde. 
Podes acceder a esta enquisa anónima neste enlace
Recorda seguirnos día a día nas nosas redes sociais e de consultar a nos programación no calendario web! 


Recorda seguirnos día a día nas nosas redes sociais e de consultar a nos programación no calendario web! 


- Instagram: @alcercoruna
- Facebook: ALCER Coruña
- X: @alcercoruna
- Calendario Web: Acceder aquí


.jpeg)

.jpg)
.jpg)
Comentarios
Publicar un comentario