Alcer Coruña | Novidades da semana do 12 de outubro
- OUTUBRO SAUDABLE DA UDC | Ponencia de J. Ignacio Salgado, vogal de Alcer Coruña
O próximo mércores 21 o vogal de Alcer Coruña, José Ignacio Salgado, participará na ponencia "As prácticas motrices como terapia coadjuvante na doenza renal crónica" dentro do programa do XII Outubro da UDC Saudable 2026. Aproveitando esta ocasión, o equipo técnico de Alcer Coruña instalará unha mesa informativa na Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da Coruña.
- EVENTO SOLIDARIO | V Torneo a Prol da Doazón de Pitch and Putt
O domingo tivo lugar no Tambre Golf de Oroso unha nova edición do torneo solidario de Pitch and Putt a prol da doazón de órganos. Participaron un total de 70 persoas xogadoras e 22 perosas membro de Alcer Coruña. Con este evento continuamos achegando a mensaxe sobre a importancia de ser persoas doadoras a todos os recunchos posibles, agradecendo un ano máis a organización do evento a Tambre Golf & Croquet e á colaboración do Concello de Oroso e a Diaverum Servicios Renales.
- SENSIBILIZACIÓN| AAVV LIMODRE (FENE)
O pasado venres tamén achegamos a importancia da doazón de órganos á Asociación Veciñal de Limodre (en Fene). As 12 persoas asistentes puideron coñecer de preto como previr a enfermidade renal e como se convive con ela nas súas diferentes etapas grazas ó testemuño de Gúmer Gonzalez (voluntario de Alcer Coruña) e Juan Cagiao (voluntario da entidade e vocal da Xunta Directiva).
- SENSIBILIZACIÓN | Facultade de Enfermaría de Ferrol
Este mércores o equipo técnico de Alcer Coruña tamén estivo na Facultade de Enfermaría de Ferrol achegando a importancia da doazón de órganos ao alumnado de 2º grao (preto de 70 persoas). Asistiron como persoas voluntarias Gumer González e Juan Cagiao para relatar a súa vivencia e, desta volta, tamén asistiu Rafa Rodríguez (presidente de Alcer Coruña) para agradecer a oportunidade que brinda a Universidade da Coruña ao facilitarnos o acceso a estes espazos para poder seguir difundindo o noso labor sensibilizador.
- NOVA DATA | Obradoiro de exercicio físco
- OUTRAS NOVAS DE INTERESE
Alcer Coruña
Onte Nerea Nogueira, nutricionista da Federación Alcer Galicia, acudiu á UDC Sénior para impartir o obradoiro "Nutrición Saudable. Prevención da saúde renal". A programación completa do programa Outubro Saudable na que se inclúe esta actividade podes consultala 
neste enlace
Consulta 
aquí o resumo de actividades de Alcer Coruña dos meses de agosto e setembro. Enfermidade renal
A glorulopatía C3 é unha enfermidade renal rara que tras anos de investigación comeza a ter tratamentos eficaces para frear a súa evolución 
Consulta aquí a nova completa
Tes ou tiveches un cancro de ril? Se o consideras, podes participar 
nesta enquisa que elaborou a Coalición Internacional contra o Cancro de Ril (IKCC) co fin de poder elaborar programas formativos e de sensibilización para atender de maneira integral as necesidades deste colectivo.
Presentámosvos o estudo PRISMA no que as entidades ALCER de toda España xunto coa farmacéutica GSK queren coñecer a concienciación das persoas con enfermidade renal cara a vacinación como ferramenta para previr infeccións e contribuír ao coidado da saúde. 
Podes acceder a esta enquisa anónima neste enlace
Se eres muller e tes unha enfermidade renal crónica diagnosticada, convidámosche a participar nesta enquisa que promove o Grupo Muller da Federación Nacional Alcer. 
Accede a ela neste enlace
Recorda seguirnos día a día nas nosas redes sociais e de consultar a nos programación no calendario web! 


Recorda seguirnos día a día nas nosas redes sociais e de consultar a nos programación no calendario web! 


- Instagram: @alcercoruna
- Facebook: ALCER Coruña
- X: @alcercoruna
- Calendario Web: Acceder aquí



.jpeg)
.jpg)
Comentarios
Publicar un comentario