Alcer Coruña | Novidades da semana do 21 de setembro
- NOVO EVENTO SOLIDARIO | PEPO SUEVOS "A CAÍDA"
O vindeiro sábado 3 de outubro temos unha cita solidaria no Edificio Multiusos do Concello de Rois con Pepo Suevos!
Entrada solidaria de 10€
Fila 0 a través de BIZUM co código 05242
Reserva de entradas no 670.33.90.66 / eventossolidarios@alcercoruna.
Comparte nas túas redes sociais o evento para chegar a máis persoas! Facebook, Instagram, X- INFORMACIÓN | Concello de Bergondo
- OCIO | V Torneo de Pitch & Putt
Recordade que xa está aberto o prazo de inscrición para o V Torneo Solidario de Pitch and Putt. Contamos con vós!
- SINERXIAS | PRESENTACIÓN CARREIRA ENKI
Este martes 22 de setembro, María Jesús Deus e Marcelo Silva, vogais da Xunta Directiva da entidade, participaron na presentación da Carreira ENKI que terá lugar o vindeiro sábado 17 de outubro na cidade da Coruña. Recorda que aínda podes inscribirte e participar nesta actividade para potenciar o deportivo inclusivo!
- SINERXIAS | XORNADAS DE ASOTRAME
Asotrame celebrou este luns 21 de setembro unha xornada de sensibilización sobre a EICR crónica + sensibilización á cal acudiu Marcelo Silva e María Jesús Deus, vogais da entidade.
- FORMACIÓNS | Inscríbete! Prazas limitadas!
Obradoiro de psicoloxía en Santiago de Compostela
Obradoiro de sexualidade en Ferrol
Obradoiro de exercicio físico na Coruña
- LOTERÍA DE NADAL| Encarga xa o teu décimo ou a túa participación!
Xa estamos oficialmente co reparto da lotería en farmacias e establecementos. Recorda que podes reservar o teu décimo ou participación!
Séguenos de preto nas nosas redes sociais! 


- Instagram: @alcercoruna
- Facebook: ALCER Coruña
- X: @alcercoruna









Comentarios
Publicar un comentario