Alcer Coruña | Novidades da semana do 14 de setembro
- EVENTO SOLIDARIO | PEPO SUEVOS "A CAÍDA"
O vindeiro venres 25 de setembro temos unha cita solidaria na Casa da Cultura de Bertamiráns (Ames) con Pepo Suevos!
Entrada solidaria de 10€
Fila 0 a través de BIZUM co código 05242
Reserva de entradas no 670.33.90.66 / eventossolidarios@alcercoruna.
Comparte nas túas redes sociais o evento para chegar a máis persoas! Facebook, Instagram, X- OCIO | V Torneo de Pitch & Putt
Recordade que xa está aberto o prazo de inscrición para o V Torneo Solidario de Pitch and Putt. Contamos con vós!
- OCIO | Saída no veleiro Laion pola Ría de Muxía
Este xoves 17 de setembro 5 persoas pertencentes á entidade desfrutaron, grazas a COGAMI, dunha viaxe en barco pola Ría de Muxía abordo do veleiro Laión.
- TARDES CON ALCER | Delegación de Ferrol
Este xoves 17 de setembro retomáronse as reunións do grupo das Tardes con Alcer de Ferrol tralo descanso do verán.
- FORMACIÓNS | Inscríbete! Prazas limitadas!
Obradoiro de psicoloxía en Santiago de Compostela
Obradoiro de sexualidade en Ferrol
Obradoiro de exercicio físico na Coruña
Carreira ENKI
- LOTERÍA DE NADAL| Encarga xa o teu décimo ou a túa participación!
Xa estamos oficialmente co reparto da lotería en farmacias e establecementos. Recorda que podes reservar o teu décimo ou participación!- NOVAS DE INTERESE|
Desde a Federación Nacional Alcer achégannos información para participar no estudo Vital-Renal: Propósito de vida, autocuidado y calidad de vida, que ten por finalidade a busca da mellora da calidade de vida das persoas con ERC
Aquí podes atopar máis información e participar no mesmo.
O Síndrome de Bartter é unha patoloxía minoritaria cunha gran variabilidade clínica. Contar cun rexistro centralizado e rigoroso é o paso fundamental para coñecer o perfil real das persoas afectadas en España, dimensionar as necesidades asistenciais e optimizar a planificación dos recursos sanitarios especializados. Polo tanto, se padeces dito síndrome e queres facilitar os teus datos para a creación do Rexistro Nacional de Pacientes con este síndrome e beneficiarse das iniciativas desenvolvidas no marco do proxecto FARO-RENAL® ponte en contacto con nós!
O pasado venres 11 de setembro, Alfredo Saborido, vicepresidente, María José Brión, vicepresidenta e Ángeles Fernández, vogal da entidade, reuníronse co alcalde de Ferrol para a busca de novas sinxerxías
Aquí podes atopar a nova de prensa.
Séguenos de preto nas nosas redes sociais! 


- Instagram: @alcercoruna
- Facebook: ALCER Coruña
- X: @alcercoruna










Comentarios
Publicar un comentario