Alcer Coruña | Novidades da semana do 17 de agosto do 2026
- TARDES CON ALCER| Delegación Santiago
Este martes reunimos ás persoas membro do grupo de apoio de Santiago de Compostela na Cidade da Cultura. Alí puidemos visitar a exposición "Mundo Expandido" e logo compartir experiencias e inquedanzas comúns cun café.
- INFORMACIÓN | Prevención de caídas no domicilio
Co paso dos anos, as persoas con enfermidade renal crónica poden presentar unha maior situación de fraxilidade, con cambios na mobilidade, no equilibrio e na capacidade para realizar as actividades cotiás. Por iso, previr as caídas é fundamental para manter a independencia funcional e favorecer unha mellor calidade de vida. Unha caída pode ter consecuencias importantes, pero moitas situacións de risco poden previrse.
- ACTIVIDADE DE INTERESE| Congreso Nacional para persoas con enfermidade renal
- LOTERÍA DE NADAL| Encarga xa o teu décimo ou a túa participación!
E recorda que se queres colaborar coa entidade, podes axudarnos coa venta de participacións. Contacta con nós para máis información!
Séguenos de preto nas nosas redes sociais! 


- Instagram: @alcercoruna
- Facebook: ALCER Coruña
- X: @alcercoruna




Comentarios
Publicar un comentario