Alcer Coruña | Novidades da semana do 10 de agosto do 2026
- SENSIBILIZACIÓN| Participación no Equiocio de Ferrol
A pasada fin de semana participamos no Equiocio de Ferrol 2026 cunha mesa informativa, achegando ás persoas asistentes o labor de Alcer Coruña e sensibilizando a prol da doazón de órganos e sobre a importancia do coidado da saúde renal. Acudiu como representante de Alcer Coruña Ángeles Fernández, vocal da Xunta Directiva da entidade.
- XUNTA DIRECTIVA| Formación na delegación da Coruña
Continúa a formación á Xunta Directiva de Alcer Coruña. Desta volta tivo lugar coas persoas membro da delegación da Coruña, que se reuniron na tarde de onte para afianzar coñecementos sobre o labor de voluntariado e a sensibilización en materia de doazón de órganos e hábitos de vida saudables.
- LOTERÍA DE NADAL| Encarga xa o teu décimo ou a túa participación!
E recorda que se queres colaborar coa entidade, podes axudarnos coa venta de participacións. Contacta con nós para máis información!- MÁIS NOVAS DE INTERESE|
Enfermidade renal
Estes días saia na prensa a testemuña de Pablo Delgado, un profesor de fisioterapia da Universidade Francisco de Victoria de Madrid que se someteu a 39 intervencións quirúrxicas e 4 transplantes de ril 
Podes ler aquí a nova de prensa completa
Sabías que saúde bucal garda unha estreita relación coa saúde renal? 
Bótalle un ollo a este artigo publicado pola Federación Nacional AlcerTransplantes
Fai unhas semanas entrevistaban na RTVE a Pablo Artamendi, doante altruísta de ril 
Non perdas aquí a a súa historia
Séguenos de preto nas nosas redes sociais! 


- Instagram: @alcercoruna
- Facebook: ALCER Coruña
- X: @alcercoruna





Comentarios
Publicar un comentario