ALCER CORUÑA | Novidades da semana do 25 de maio do 2026
- SINERXIAS E SENSIBILIZACIÓN| II Feirón en Rede no Concello de Carballo
Este domingo participamos no II Feirón en Rede do Concello de Carballo xunto con outras entidades do terceiro sector. Marcelo Silva (vocal da Xunta Directiva) e Laura López (psicóloga da entidade), aproveitaron a xornada para sensibilizar á poboación carballesa sobre a importancia dos hábitos de vida saudables para o coidado da saúde renal e achegar información sobre a doazón de órganos.
- FORMACIÓN| Obradoiro de psicoloxía no CHUAC
O martes celebrouse o quinto obradoiro de conciencia emocional que estamos realizando cun total de 12 persoas asistes. A psicóloga da entidade, Laura López, segue promovendo o coñecemento da conciencia emocional e como pode mellorarse a través da xestión emocional.
- TARDES CON ALCER| Delegacións de Ferrol
O mércores tivo lugar a convocatoria do grupo de iguais da delegación de Ferrol.
- ENCONTRO NO CARBALLIÑO| Últimos días para inscribirse!
Prazo de inscrición ata o venres 5 de xuño!
- EMPRESA CONVENIADA| Psicotécnico Abrente
Como persoa socia de Alcer Coruña, poderás obter 5€ de desconto nos recoñecementos médicos para a renovación do permiso de condución no Psicotécnico Abrente, ubicado en Ferrol: na Rúa Eduardo Pondal, 21-23.
- FORMACIÓN| Obradoiro de psicoloxía en Ferrol
- FORMACIÓN| Obradoiros de terapia ocupacional en Santiago: Diaverum, HM La Esperanza e CHUS
Non dubides en inscribirte se eres persoa usuaria ou coidadora. Abordaranse contidos sobre como facer fronte á fatiga crónica nas persoas con enfermidade renal crónica e como manter a independencia nas actividades da vida diaria
670343949
670343949- OUTRAS NOVAS DE INTERESE
Consulta AQUÍ as circulares informativas con convocatoria vixente.
Segue de preto a nosa programación de actividades no CALENDARIO WEB
.jpeg)

.png)


.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
Comentarios
Publicar un comentario