ALCER CORUÑA | Novidades da semana do 11 de maio do 2026
- FORMACIÓN| Obradoiro de psicoloxía en Diaverum Santiago de Compostela
Seguimos achegando a importancia do coidado da saúde mental a todos os recunchos posibles. Este luns, a psicóloga de Alcer Coruña (Laura López Brión), estivo na clínica de hemodiálise Diaverum Santiago abordando conceptos básicos sobre a conciencia emocional.
- SENSIBILIZACIÓN| Fomento da doazón en Culleredo
Este martes o presidente de Alcer Coruña, Rafael Rodríguez, estivo no Centro Ocupacional Municipal de Culleredo abordando a importancia da doazón de órganos con 16 persoas usuarias.
- SENSIBILIZACIÓN| Fomento da doazón no Concello de Pontedeume
O mércores, grazas á colaboración de Euroeume, tamén achegamos a importancia da doazón de órganos e o coidado da saúde renal a 10 persoas pertencentes á Asociación Veciñal de Breamo.
- TARDES CON ALCER| Delegación de Santiago de Compostela
O mércores reuniuse tamén o grupo de apoio de Santiago de Compostela. Foi unha tarde especial, xa que despedimos a alumna en prácticas de traballo social Nerea Sánchez, titorizada pola traballadora social da delegación de Santiago Mónica Conde dende o mes de febreiro. Desde Alcer Coruña desexámoslle moita sorte no seu prometedor futuro laboral!
- SINERXIAS | 35 anos da transferencia da sanidade a Galicia
Tamén o mércores, o vicepresidente de Alcer Coruña (Alfredo Saborido), achegouse ao edificio Cinc de Santiago de Compostela para asistir ao acto dos 35 anos de transferencia da sanidade a Galicia.
- FORMACIÓN| Obradoiro de psicoloxía en Ferrol
- OUTRAS NOVAS DE INTERESE
O goberno anuncia cambios para o copago de medicamentos. Pronto elaboraremos información detallada sobre isto. Polo momento 
compartimos a nova de prensa onde saen os cambios que se van establecer
Esta semana reuniuse na Coruña a Sociedade Española de Transplantes 
Deixámosvos por aquí a entrevista realizada a Constantino Fondevila, o seu presidente.
Consulta AQUÍ as circulares informativas con convocatoria vixente.
Segue de preto a nosa programación de actividades no CALENDARIO WEB

.jpeg)
.jpeg)

.jpg)
Comentarios
Publicar un comentario