ALCER CORUÑA | Novidades da semana do 9 de febreiro do 2026

- SENSIBILIZACIÓN| CPR La Milagrosa (Santiago)

O mércores estivemos no CPR La Milagrosa co alumnado de 6º de primaria abordando a importancia da doazón de órganos como parte das actividades do proxecto que temos activo neste concello. Acompañounos Celia Uzal, voluntaria de Alcer Coruña e transplantada de ril, que garda especial relación con este centro, no que estudou un dos seus fillos e dúas das súas netas. Tamén participou Nerea Sánchez, alumna en prácticas de traballo social que se atopa realizando a súa formación na delegación de Santiago. 

- SENSIBILIZACIÓN| CEIP A Solaina (Narón)

O mércores tamén nos achegamos a Narón, onde abordamos a importancia da doazón de órganos e os hábitos de vida saudables con 50 estudantes de 6º de primaria do CEIP A Solaina e como parte do programa "Alcer 7 Vidas" que desenvolvemos neste concello. Acompañounos o voluntario Suso López, transplantado de ril desde fai case 12 anos. 

- TARDES CON ALCER| Delegación de Santiago

O mércores de tarde reunimos ao grupo da delegación de Santiago de Compostela. 

- INFORMACIÓN| Teléfonos de citación

Tes en trámite a solicitude inicial ou revisión do grao de discapacidade e/ou dependencia? Anota ben estes números de teléfono desde os que están facendo actualmente as chamadas para valoración.

- GRADA SOCIAL | Obradoiro CAB

Xa só quedan 8 das 25 entradas gratuítas dispoñibles para persoas socias, voluntarias e usuarias de Alcer Coruña. Non esquezas reservar as túas! 

- NUTRICIÓN| Obradoiro en Ferrol

O 25 de de febreiro organizarase un obradoiro de nutrición para persoas con enfermidade renal crónica no IES Canido de Ferrol. Apura para anotarte! Aínda quedan prazas libres!

- PSICOLOXÍA| Obradoiro na Coruña

- TERAPIA OCUPACIONAL| Obradoiro na Coruña

- RECEITA| Avea Trasnoitada de tiramisú

OUTRAS NOVAS DE INTERESE

📝 Consulta AQUÍ as circulares informativas con convocatoria vixente.
📅 Podes estar ao día da nosa programación e actividades consultando o noso CALENDARIO WEB

Comentarios