ALCER CORUÑA | Novidades da semana do 26 de xaneiro do 2026

- TARDES CON ALCER| Delegación da Coruña

Este mércores tivo lugar a xuntanza do grupo de iguais da delegación da Coruña.

- EXERCICIO FÍSICO| Comezan os obradoiros!

Onte comezaron os obradoiros de exercicio físico na cidade da Coruña para persoas con enfermidade renal do grupo dos xoves. Recordade que son grupos abertos e podes inscribirte aínda! O próximo mércores, comezaremos co outro grupo!

- SENSIBILIZACIÓN| Stand informativo no CC As Cancelas de Santiago de Compostela

O próximo venres sumámonos á campaña "Actúa por tus riñones" organizada pola Federación Nacional Alcer que ten como obxectivo promover o diagnóstico temperán da enfermidade renal crónica. Durante a xornada realizaranse probas de sangue e ouriño gratuítas. Esta acción sensibilizadora xa se realizou en Valladolid 🔗📱 deixámosvos un artigo de prensa no que describe con máis detalle.

- INFORMACIÓN| Probas de obtención de certificado galego de competencias dixitais

- FORMACIÓN| Obradoiro de nutrición en Ferrol

O próximo 25 de de febreiro terá lugar o obradoiro anual de nutrición para persoas con enfermidade renal crónica no IES Canido de Ferrol. Apura para anotarte!

- CONVITE| Partido Obradoiro CAB

O Obradoiro CAB convídanos á súa grada social e temos 21 entradas gratuítas dispoñibles para persoas socias, voluntarias e usuarias de Alcer Coruña. Queres acompañarnos? Contacta con nós no 670.34.39.49 e agardámoste o próximo 4 de abril! 

- RECEITA| Mousaka​

OUTRAS NOVAS DE INTERESE

👉🏻 Consulta AQUÍ as circulares informativas con convocatoria vixente que aínda podes solicitar!
👉🏻 Resumo das actividades de Alcer Coruña do mes de xaneiro elaborado pola Federación Nacional Alcer 🔗📱 Podes acceder para lelo aquí

Transplantes

👉🏻​ Interesante entrevista realizada a Juan Luis Arévalo, médico transplantado de corazón e ril, que reflexiona sobre a morte 🔗📱 Aquí podes ler a nova completa
👉🏻​ O testemuño de Noelia (transplantada de ril 6 veces) e Luis (transplantado de ril 5 veces) 📱🔗 Accede aquí ao artigo publicado onde relatan as súas historias
👉🏻​ Guía publicada pola Federación Nacional Alcer sobre como vivir tras un transplante 📱🔗 Accede aquí á súa lectura

Enfermidade renal

👉🏻​ A glomerulonefrite crónica é unha das principais causas da enfermidade renal 📱🔗 A Sociedade Española de Nefroloxía publicou un atlas do impacto desta doenza desde que podes ler aquí
👉🏻 1 de cada 7 españois teñen enfermidade renal crónica segundo os datos publicados pola Organización Mundial da Saúde 📱🔗 Bótalle un ollo a este artigo


Comentarios