ALCER CORUÑA | Novidades da semana do 12 de xaneiro do 2026

- NOVA DE PRENSA | Renovación de convenio de colaboración con HM La Esperanza

Alcer Coruña saiu na prensa pola renovación do convenio de colaboración co Hospital HM La Esperanza de Santiago de Compostela, que ten como obxectivo atender de maneira multidisciplinar ás persoas con enfermidade renal en hemodiálise do centro 🔗📱 Podes ler AQUÍ a nova completa​

- SENSIBILIZACIÓN | Fomento da doazón en Santiago de Compostela

Na mañá de onte, Mónica Conde e Laura López (traballadora social e psicóloga de Alcer Coruña), estiveron no Colexio San Jorge de Santiago de Compostela xunto con Ana Mato (vocal da Xunta Directiva) para achegar a importancia da doazón de órganos ao alumnado de 6º de primaria.​

​​- TARDES CON ALCER| Delegacións de Santiago de Compostela e Ferrol

​O mércores reuníronse por primeira vez neste 2026 os grupos de apoio "Tardes con Alcer" das delegacións de Santiago de Compostela e Ferrol.

- FORMACIÓN| Próximos obradoiros de exercicio físico para persoas con enfermidade renal

🗣️ Apura para inscribirte!

- RECEITA| Roliños de primavera

OUTRAS NOVAS DE INTERESE

👉🏻 Consulta AQUÍ as circulares informativas con convocatoria vixente neste 2025.



Comentarios