ALCER CORUÑA | Novidades da semana do 22 de decembro do 2025
- SINERXIAS | HM La Esperanza
O xerente de Alcer Coruña, Alfredo Saborido, estivo este luns en HM La Esperanza de Santiago de Compostela participando como membro do xurado do concurso interno de decoración e postres de nadal.
- ENTREVISTA| Onda Cero Coruña
O martes foi entrevistado tamén no programa "Más de Uno" de Onda Cero Coruña, onde abordou a continuidade dos grupos "Tardes con Alcer" nas tres delegacións de Alcer Coruña ao longo do ano 2025. Podes escoitar a entrevista completa AQUÍ a partir do minuto 4:42- PROGRAMA "QUEN ANDA AHÍ" | Queres asistir?
Interesaríache participar como público no programa da Televisión de Galicia "Quen anda ahí"? Estamos buscando persoas interesadas en asistir e facer un grupo como Alcer Coruña. Anímaste? Chámanos ou escríbenos por WhatsApp ao 670.34.39.49!
- MERCHANDISIGN| Novas tote bags á venda!
Faite coas nosas novas bolsas de tea por tan só 6€ e achega a importancia da doazón de órganos aló a onde vaias! 




.png)

Comentarios
Publicar un comentario