ALCER CORUÑA | Novidades da semana do 15 de decembro do 2025
- PROGRAMA "QUEN ANDA AHÍ" | Estamos buscando grupo!
Interesaríache participar como público no programa da Televisión de Galicia "Quen anda ahí"? Estamos buscando persoas interesadas en asistir e facer un grupo como Alcer Coruña. Anímaste? Chámanos ou escríbenos por WhatsApp ao 670.34.39.49!
- DOAZÓN | Scooter eléctrica
Unha familia quere doar esta scooter eléctrica a Alcer Coruña e desde a entidade decidimos trasladar a súa decisión primeiro entre as persoas socias. Precisamos que, se tes interese en adquirila, saibas primeiro que o prezo do transporte entre a lugar de orixe e destino NON o cubre Alcer Coruña. Se aínda así queres facerte con ela, contacta no 670343949 coa terapeuta ocupacional da entidade, Jessica Antelo, que analizará o voso caso e determinará baixo criterios obxectivos a que persoa persoa das interesadas se cederá en relación á súa situación de mobilidade. De ser semellante, o criterio de cesión será a capacidade económica da unidade familiar.
- FORMACIÓNS| Obradoiro de dispositivos móbiles
O pasado venres rematamos os obradoiros de dispositivos móbiles e, desta volta, tivo lugar en Santiago de Compostela. Grazas a todas as persoas que participáchedes neles!
.png)



Comentarios
Publicar un comentario