ALCER CORUÑA | Novidades da semana do 1 de decembro do 2025
- CORO GÓSPEL SOLIDARIO| Concello de Ames
O sábado pasado celebramos último evento solidario organizado por Alcer Coruña neste 2025 para a recaudación de fondos para manter os servizos e programas da entidade e tamén para sensibilizar á cidadanía sobre a importancia da doazón de órganos. Foi no Centro Social de Bertamiráns e desta volta a achega para a entidade foi de preto de 1300€. Moitas grazas a todas as persoas participantes!
- VII XORNADAS GALEGAS| Federación Alcer Galicia
O domingo, pola súa banda, participamos nas VII Xornadas de Persoas con Enfermidade Renal de Galicia tamén no Centro Social de Bertamiráns, onde puidemos compartir sinerxias xunto con iguais e especialistas do eido da nefroloxía. A continuación, tivo lugar tamén o xantar de nadal!
- 3 DE DECEMBRO| Día Internacional das Persoas con Discapacidade
O mércores conmemorouse o Día Internacional das Persoas con Discapacidade e Alcer Coruña participou activamente nos diferentes actos do Concello de Ferrol, coa representación da Xunta Directiva (o presidente Rafael Rodríguez e a tesoureira María José Brión) e as persoas voluntarias: Ángeles, Gumer e Juan. A nosa asistencia foi recollida tamén pola prensa 
Podes ler aquí a nova

Podes ler aquí a nova- 4 DE DECEMBRO| Día do Voluntariado
Onte conmemorouse tamén o Día do Voluntariado. En Ferrol participamos nun acto xunto con outras entidades sociais para agradecer a labor de todas as persoas que de maneira altruísta nos axudan a medrar cada día. Participaron como representantes da Xunta Directiva Rafa e María José (presidente e tesoureira), xunto coas persoas voluntarias: Ángeles, Luisa e Lino.
- CONSELLO ASESOR| Área Sanitaria de Ferrol
Onte tivo lugar o Consello Asesor da Área Sanitaria de Ferrol, no que participaron María José Brión (tesoureira) e Rafael Rodríguez (presidente).
- AGASALLOS SOLIDARIOS| Sensibilización nos teus eventos!
Belén contactou con nós para encargar uns agasallos solidarios para achegar a importancia da doazón de órganos ás persoas convidadas dunha voda de ouro. Que vos parece o resultado? A nós non pode gustarnos máis! GRAZAS!
- FORMACIÓNS| Obradoiros de dispositivos móbiles
A próxima semana terán lugar os últimos obradoiros formativos do ano. Chámanos para realizar a inscrición!!
- RECEITA| Pasteliños de requeixo
- NOVIDADES DE INTERESE|
Máis de Alcer Coruña
Resumo das actividades do mes de novembro de Alcer Coruña 
Bótalle aquí un ollo




.png)
.png)



Comentarios
Publicar un comentario