ALCER CORUÑA | Novidades da semana do 8 de decembro do 2025

 - FORMACIÓNS| Obradoiro de dispositivos móbiles

Na tarde de onte desenrolamos o segundo obradoiro de manexo útil de dispostivos móbiles na cidade da Coruña. Hoxe terá lugar o obradoiro de Santiago de Compostela!​

- TARDES CON ALCER| Delegación de Ferrol

Na tarde de onte tivo lugar a convocatoria das Tardes con Alcer na delegación de Ferrol. ​

- RECEITA| Chulas de coliflor e pescada​

- NOVIDADES DE INTERESE| 

Enfermidade renal

👉🏻 A glomerulonefritis é a terceira causa de enfermiade renal en España. A farmacéutica Novaris xunto coa Federación Nacional Alcer crearon un atlas para estudar a situación desta causa da enfermidade renal no noso país 🔗📱 Consulta aquí máis información
👉🏻 Desde a Sociedade Española de NEfroloxía advirten da necesidade de mellorar a abordaxe das mulleres con enfermidade renal durante o embarazo 🔗📱 Bótalle un ollo aquí ao artigo completo
👉🏻​ Xa se pode ver online o Congreso Nacional de Persoas con Enfermidade Renal que tivo lugar en Málaga a finais de novembro 🔗📱​ Accede aquí a todo o contido audiovisual da xornada
👉🏻​ Diaverum España ofrece diferentes destinos vacacionais para poder viaxar estando en tratamento de hemodiálise 🔗📱 Podes consultalos aquí

Outras novas de interese

👉🏻​ Coñeces a Oficina de Transformación Comunitaria de Narón? É un servizo municipal de información e acompañamento en materia de enerxía, pensado para axudar á veciñanza, comercios e entidades sociais a aforrar na factura da luz, mellorar a eficiencia enerxética e avanzar cara a modelos máis sostibles. 🔗📱​ Consulta aquí máis información

🖤 Eva é alegre, sempre esperanzadora, gusta de estar coa súa familia e as súas amizades, gusta do teatro e da vida. Cando estás con Eva sempre acabas rindo, falando sen parar e o tempo pasa rápido. Eva é desas heroínas que fan posible que queiras seguir loitando naquilo que cres.
Foi a primeira muller (con 10 anos) de Galicia en ser portadora dun transplante de ril, realizado a principios dos anos 80 grazas á doazón en vivo da súa irmá e madriña. Foi tamén socia e voluntaria de Alcer Coruña, disposta sempre a dar a súa testemuña a prol da doazón e o transplante de órganos.
Eva ​morre o 10 de decembro de 2025, ​con 54 anos, unha data que quedará marcada nas nosas axendas. A loita pola vida seguirá. Grazas, Eva, pensaremos en ti e seguiremos tentando vivir como nos ensinaches.

Comentarios