ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 6 DE OUTUBRO DO 2025

- CONCERTO GOSPEL SOLIDARIO| Santiago de Compsotela

O día 25 deste mes terá lugar en Santiago de Compostela un concerto gospel solidario a prol da doazón. A entrada será de 10€/persoa e poñemos tamén á disposición das persoas que non poidan acudir e queiran colaborar coa fila 0 o noso número de BIZUM (código 05242). ROGAMOS DIFUSIÓN ENTRE AS VOSAS AMIZADES, WHATSAPP, REDES SOCIAIS PERSOAIS...Gustaríanos que fósedes o noso altavoz! 🗣️🎙️ Tamén podedes compartir a nosa publicación de FACEBOOK se vos resulta máis doado! 🙂

- ANDAINA A PROL DA DOAZÓN| Frades

Grazas á colaboración do concello de Frades o día 1 de novembro terá lugar unha andaina solidaria aberta a toda persoa interesada. No cartaz que elaborou o concello está toda a información. 

- TARDES CON ALCER| Santiago de Compostela

Na tarde de onte tivo lugar a convocatoria de Tardes con Alcer da delegación de Santiago de Compostela. 

- EVENTOS25 aniversario de Acción Familiar Ferrol

Este mércores Rafael Rodríguez, presidente de Alcer Coruña, asistiu ao 25 aniversario da entidade "Acción familiar" de Ferrol.

- FORMACIÓN Obradoiro en Ferrol

Compartimos o cartaz informativo do obradoiro que realizaremos en Ferrol o próximo 30 de outubro para aprender a manexar os dispositivos móbiles.
Faremos dúas edicións máis en Coruña (o 11 de decembro) e Santiago de Compostela (o 12 de decembro). Anímate a participar e chámanos para inscribirte!

- RECEITA| Coliflor con bacallau á galega!

- OUTRAS NOVIDADES DE INTERESE

Enfermidade renal

👉🏻 Comeza a 3ª tempada do programa Nefro Late Show 🔗 Accede aquí ao primeiro capítulo
👉🏻 No Congreso Nacional da Federación Española de Diabetes, abordaron a vinculación desta doenza coa enfermidade renal 🔗 Neste artigo podes ler toda a información
👉🏻 A nefroloxía pon o foco no aumento do tratamento de hemodiálise domiciliaria 🔗 Neste artigo poderás saber por que
👉🏻 Axudas para o estudo a persoas con enfermidade renal 🔗 Consulta aquí as bases

Máis de Alcer Coruña e outras actividades

👉🏻 Resumo das actividades de Alcer Coruña elaborado pola Federación Nacional Alcer 🔗 Consúltao aquí
👉🏻 Queres unirte á actividade de limpeza da Praia de Esmelle en Ferrol? 🔗 Infórmate e participa como persoa voluntaria
👉🏻 Segue aberto o prazo de inscrición para o Congreso Nacional de Persoas Renais que terá lugar en Málaga 🔗 Infórmate e inscríbete aquí



Comentarios