ALCER CORUÑA | Novidades da semana do 27 de outubro do 2025
- SINERXIAS | Xornada "Coida os teus riles"
Na tarde de onte membros da xunta directiva e equipo técnico da Federación Alcer Galicia asistimos e participamos nas xornadas "Coida os teus riles" que tiveron lugar en Santiago de Compostela.
- TARDES CON ALCER| Delegación A Coruña
Na tarde do mércores tivo lugar o encontro do grupo de apoio "Tardes con Alcer" da delegación da Coruña.
- FORMACIÓN| Obradoiro de dispositivos móbiles
Onte tivo lugar a primeira formación "manexo útil de dispositivos móbiles" na delegación de Ferrol da man da traballadora social da delegación da Coruña (Cristina López). Os próximos obradoiros serán o 11 de decembro na Coruña e o 17 de decembro en Santiago de Compostela.
- FORMACIÓN | Obradoiro en Santiago de Compostela
O programa "Actívate con Alcer" busca previr situacións de dependencia para poder realizar as actividades da vida diaria ou ben buscar estratexias para mellorar a independencia naquelas tarefas nas que apareza algunha limitación, como vestirse, asearse, camiñar, etc. Neste obradoiro explicaranse máis polo miúdo todos estes contidos. Inscríbete! Será o próximo 13 de novembro en Santiago!
- XORNADAS GALEGAS E XANTAR DE NADAL| Aberto prazo de inscrición
O próximo 30 de novembro terán lugar as VII Xornadas de Persoas con Enfermidade Renal de Galicia no salón de actos do Centro Social de Bertamiráns (Concello de Ames). A continuación, terá lugar en Teo (no restaurante "San Martiño"), un xantar de nadal no que participaremos todas as persoas membro das entidades ALCER de Galicia!
Sairán autobuses GRATUÍTOS que trasladarán ás xornadas e ao restaurante desde as cidades de Ferrol e A Coruña.
O prezo do xantar é de 22€ para persoas socias e 25€ para persoas non socias.- RECEITA| Muffins de cabaza e arandos
- OUTRAS NOVIDADES DE INTERESE
Enfermidade renal
O 6 de novembro terá lugar unha webinar informativa organizada polo "Grupo Muller" da Federación Nacional Alcer na que se abordará a sexualidade na muller con enfermidade renal na madurez
Cumplimenta aquí os teus datos de inscrición para poder participar
No 55º Congreso da Sociedade Española de Nefroloxía, abordouse a situación actual da enfermidade renal en España
Nesta nota de prensa poderás acceder á actualidade desta doenza e á realidade dunha enfermidade que xa se sitúa como un problema de saúde públicaOutras
A resistencia antimicrobiana é unha problemática da que debemos ser coñecedores. Un experto da materia (Estanislao Nistal, profesor e investigador da Sección de microbioloxía do Departamento de Ciencias Farmacéuticas e da saúde da Facultade de Farmacia da Universidade CEU San Pablo) fálanos sobre isto
nesta entrevista realizada pola Federación Nacional Alcer.

.jpg)
.jpg)


Comentarios
Publicar un comentario