ALCER CORUÑA | Novidades da semana do 20 de outubro do 2025

 - CONCERTO GOSPEL SOLIDARIO| Mañá é o gran día!

Volvemos recordar este evento que terá lugar mañá, por se algunha persoa decide asistir ou colaborar nestas últimas horas! 
📱 Teléfono de contacto: 670339066 
Máis información nas nosas redes sociais:
🔗 X

- XORNADA INFORMATIVA| Santiago de Compostela

O próximo xoves 30 de outubro terá lugar en Santiago de Compostela unha xornada informativa ("Coida os teus riles, coida a túa vida") organizada pola Asociación Galega de Lupus, Federación Alcer Galicia, a Sociedade Galega de Nefroloxía e Otsuka 
📱 Chámanos ao 670.33.90.66 ou envía un WhatsApp cos teus datos (nome, apelidos e DNI) para poder inscribirte!
 

- ANDAINA A PROL DA DOAZÓN| Frades

Recorda que o 1 de novembro terá lugar unha andaina solidaria aberta a toda persoa interesada no Concello de Frades🚶🏻 Anímate a participar e a axudarnos a difundir a importancia de ser persoas doadoras!

- FORMACIÓN Obradoiro en Santiago de Compostela

O programa "Actívate con Alcer" busca previr situacións de dependencia para poder realizar as actividades da vida diaria ou ben buscar estratexias para mellorar a independencia naquelas tarefas nas que apareza algunha limitación, como vestirse, asearse, camiñar, etc. Neste obradoiro explicaranse máis polo miúdo todos estes contidos. Inscríbete! Será o próximo 13 de novembro en Santiago!

- FORMACIÓN Obradoiro en Ferrol

Compartimos o cartaz informativo do obradoiro que realizaremos en Ferrol o próximo 30 de outubro para aprender a manexar os dispositivos móbiles.
Faremos dúas edicións máis en Coruña (o 11 de decembro) e Santiago de Compostela (o 12 de decembro). Anímate a participar e chámanos para inscribirte!

- INFORMACIÓNWebinar sobre sexualidade

Desde o grupo de muller con enfermidade renal da Federación Nacional Alcer, organiza unha webinar informativa sobre a sexualidade na madurez das mulleres con enfermidade renal. As persoas interesadas en participar na mesma poderán facelo a través 🔗 deste formulario de inscrición.

- AXUDASPara estudantes con enfermidade renal

Estás cursando a ESO, o bacharelato, unha FP ou un grao universitario e tes enfermidade renal? A Fundación Renal Española publica estas axudas que poden ser de interese. 

- INFORMACIÓNXornadas sexolóxicas en Santiago de Compostela

A Asociación Estatal de Profesionais de Sexoloxía organiza unhas xornadas sexolóxicas en Santiago de Compostela na fin de semana do 7 e 8 de novembro. Participará o xerente, traballador social e sexólogo de Alcer Coruña (Alfredo Saborido). Podes consultar na páxina web o programa completo e formas de inscrición

- RECEITA| Untable de lentella vermella

- OUTRAS NOVIDADES DE INTERESE

Enfermidade renal

👉🏻 Novo capítulo da 3ª tempada do programa Nefro Late Show 🔗 Accede aquí para poder visualizalo
👉🏻 Novos avances na investigación para o tratamento do cancro renal 🔗 Consulta aquí a nova completa
👉🏻 "El diario de la sed", libro publicado por Marisol Robles (persoa con enfermidade renal crónica) 🔗 Neste enlace poderás saber máis sobre a súa obra

Transplantes

👉🏻 A Federación Nacional Alcer xunto coa Organización Nacional de Transplantes elaboraron unha guía informativa sobre o transplante renal de doante vivo 🔗 Preme aquí para poder consultala
👉🏻 O programa PHATI para persoas con enfermidade renal hiperinmunizada permitiu xa o transplante de máis de 1232 persoas 🔗 Consulta aquí o artigo completo



Comentarios