ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 13 DE OUTUBRO DO 2025
- XORNADA INFORMATIVA| Santiago de Compostela
O próximo xoves 30 de outubro terá lugar en Santiago de Compostela unha xornada informativa ("Coida os teus riles, coida a túa vida") organizada pola Asociación Galega de Lupus, Federación Alcer Galicia, a Sociedade Galega de Nefroloxía e Otsuka
Podes inscribirte neste enlace!
Non dubides en chamarnos ao 670.33.90.66 se precisas máis información!


- TARDES CON ALCER | Delegación de Ferrol
Na tarde de onte tivo lugar a convocatoria de outubro do grupo de iguais da delegación de Ferrol. Grazas por participar!
- ANDAINA A PROL DA DOAZÓN| Frades
Grazas á colaboración do concello de Frades o día 1 de novembro terá lugar unha andaina solidaria aberta a toda persoa interesada. No cartaz que elaborou o concello está toda a información
Anímate a participar!

- AXUDAS| Para estudantes con enfermidade renal
Estás cursando a ESO, o bacharelato, unha FP ou un grao universitario e tes enfermidade renal? A Fundación Renal Española publica estas axudas que poden ser de interese.
- AXUDAS| Bonotaxi Coruña
Dirixido a persoas residentes do Concello de Coruña que teñan recoñecida a mobilidade reducida
Chámanos se precisas máis información!

- FORMACIÓN | Obradoiro en Santiago de Compostela
O programa "Actívate con Alcer" busca previr situacións de dependencia para poder realizar as actividades da vida diaria ou ben buscar estratexias para mellorar a independencia naquelas tarefas nas que apareza algunha limitación, como vestirse, asearse, camiñar, etc. Neste obradoiro explicaranse máis polo miúdo todos estes contidos. Inscríbete! Será o próximo 13 de novembro en Santiago!
- FORMACIÓN | Obradoiro en Ferrol
Compartimos o cartaz informativo do obradoiro que realizaremos en Ferrol o próximo 30 de outubro para aprender a manexar os dispositivos móbiles.
Faremos dúas edicións máis en Coruña (o 11 de decembro) e Santiago de Compostela (o 12 de decembro). Anímate a participar e chámanos para inscribirte!
Comentarios
Publicar un comentario