ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 22 DE SETEMBRO DO 2025
- FORMACIÓN - OCIO | Obradoiro e Carreira ENKI na delegación da Coruña
O vindeiro sábado 18 de outubro, pola mañá, celebrarase un obradoiro de exercicio físico para persoas con enfermidade renal no centro cívico Virginia Blanco (Culleredo). Pola tarde acudiremos a Carreira ENKI, carreira para a promoción do deporte inclusivo. Ambas actividades son totalmente gratuítas xunto co xantar. Ademais, valorarase a posibilidade de contar con autobús desde as delegacións de Ferrol e Santiago de Compostela en función ao número de persoas asistentes. Anímate a participar! Necesaria inscrición previa.
- FORMACIÓN | Obradoiro en Narón
Últimos días para inscribirse 

- OCIO | Paseo en barco pola Ría de Muxía
- ALCER 7 VIDAS | Formación no SD Compostela
Este luns e martes estivemos nas inmediacións do SD Compostela para formar aos equipos de xuvenil e cadetes en materia de doazón de órganos 



Grazas a Ana Mato e Celia Uzal, pertencentes ao equipo de voluntariado da entidade, por axudarnos nesta labor 

- TARDES CON ALCER | Nova xuntanza na Coruña
O mércores 24 levouse a cabo unha nova sesión de Tardes con Alcer na delegación da Coruña.
Contáctanos se queres participar na vindeira sesión. - ANDAINA A PROL DA DOAZÓN | Ames
Este xoves 25 de setembro tivo lugar unha andaina promovida polo concello de Ames na cal participaron varias persoas pertencentes a Alcer Coruña. Durante a mesma, as persoas que acudiron alleas á entidade, entre as que se atopaba Susana Señorís, primeira Tenente de Alcalde, obtiveron información sobre a importancia da doazón de órganos e para fomentar hábitos de vida saudables 



- RECEITA | Galletas de limón e framboesa
- OUTRAS NOVIDADES DE INTERESE
Saímos na prensa
Esta semana Rafa Rodríguez, presidente da entidade, participou nunha nova sobre o Banco de Reciclaxe Electrónica do Campus de Ferrol.
Aquí podes ler a nova completa.
Onte Alfredo Saborido, vicepresidente da entidade, fixo unha entrevista para o podcast Somos Ames na cal falou sobre a importancia da doazón de órganos e a promoción de hábitos de vida saudables
Podes escoitala aquí. Enfermidade renal
Mira de fronte á Glomerulopatía C3, desenmascara esta enfermidade rara para mellorar a vida de quen a ten.
Preme aquí para ler a nova completa.
O 24 de setembro conmemorouse o Día Internacional do SHUA e desde Federación Nacional Alcer lanzaron unha campaña para reinividicar este día.
Preme aquí para ler toda a información sobre a mesma.Outras entidades
Desde a asociación Dereito a Morir Dignamente Galicia van a relizar o vindeiro 11 de outubro na Facultade de Psicoloxía (USC) a III Xornada Galega sobre Morte Digna
Aquí podedes consultar toda a información. 


.jpeg)
.jpg)



.jpg)
Comentarios
Publicar un comentario