ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 15 DE SETEMBRO DO 2025
- ANDAINA A PROL DA DOAZÓN | Bertamiráns (Ames)
* Reprogramamos esta actividade para o día 25 de setembro e desta volta o punto de saída será desde Bertamiráns.
- FORMACIÓN | Obradoiro en Narón
O programa "Actívate con Alcer" busca previr situacións de dependencia para poder realizar as actividades da vida diaria ou ben buscar estratexias para mellorar a independencia naquelas tarefas nas que apareza algunha limitación, como vestirse, asearse, camiñar, etc. Neste obradoiro explicaranse máis polo miúdo todos estes contidos. Inscríbete!
- ALCER 7 VIDAS | Xornada de Benvida á UDC
Un ano máis tivemos o pracer de participar na xornada de Benvida ao alumnado do curso 2025/2026 da Universidade da Coruña. Grazas a esta actividade 338 persoas se achegaron para coñecer a nosa historia e a importancia da doazón de órganos; 24 delas formalizaron alí mesmo a solicitude da tarxeta de doante de órganos 



Grazas aos equipo de voluntariado: Gumer, Marcelo, Rafa e Verónica por participar. - CARREIRA ENKI | Presentación da actividade
Este mércores 17 de setembro, Paco e Bea, integrantes da Xunta Directiva da entidade, participaron na xornada de presentación da Carreira ENKI que se celebrará o vindeiro sábado 18 de outubro na cidade da Coruña. Proximamente vos achegaremos información para acudir a esta cita. Anímaste a participar? 

- TARDES CON ALCER | Nova xuntanza na delegación de Ferrol
O xoves 18 de setembro retomáronse as sesións de Tardes con Alcer na delegación de Ferrol despois do verán.
Contáctanos se queres participar na vindeira sesión.
Contáctanos se queres participar na vindeira sesión. - RECEITA | Friame de pavo
- OUTRAS NOVIDADES DE INTERESE
Enfermidade renal
A enfermidade renal crónica esixe un cambio de rumbo: “O máis relevante, incorporar un plan de cribado”.
Aquí podes ler a nova completa.
Borja Quiroga, nefrólogo, sobre as pedras no ril: "Hai que tentar reducir o consumo de bebidas alcohólicas, a cervexa e os mariscos".
Aquí podes ler a nova completa.Campañas en Redes Sociais
Rafa Rodríguez, presidente da entidade, participou na campaña en redes sociais promovida por COGAMI para reinvindicar o Día da Seguridade do Doente.
Aquí podes ver a súa reinvindicación.


.jpg)



.jpg)
Comentarios
Publicar un comentario