ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 14 DE XULLO DO 2025
- SINERXIAS| Participación no Equiocio de Ferrol
O pasado venres a tesoureira de Alcer Coruña (Maria José Brión) e dúas voluntarias da entidade (Ángeles e Filo), participaron no taller de sonoterapia organizado polo Equiocio Social de Ferrol do que formamos parte.
- SENSIBILIZACIÓN| Agasallos solidarios
Se tes un evento e queres sensibilizar ás persoas que convides sobre a importancia da doazón de órganos, sobre os hábitos de vida saudable para o coidado da saúde renal ou para darnos a coñecer...CONTA CON NÓS! O pasado mes de xuño, Laura (irmá dunha persoa usuaria da entidade e agora recén transplantada de ril), quixo que na comuñón da sua filla e dúas amigas o obxectivo principal fose promocionar a doazón de órganos mediante a entrega destes agasallos. Ela dounos a idea e nós axudámoslle a facela realidade! Non dubides en contactar con nós no 981.29.87.59 ou a través de info@alcercoruna.org para contarnos a túa idea!
GRAZAS, LAURA!

- FINANCIACIÓN 2025| Visita de Martina Aneiros
Este martes tivemos a visita de Martina Aneiros (delegada da Xunta de Galicia en Ferrol) no marco de pertencer ao grupo de entidades que podemos seguir mantendo os nosos servizos e programas activos grazas ao 0,7% do IRPF que a Consellería de Política Social e Igualdade recauda cada ano e destina a asociacións como Alcer Coruña ou a Federación Alcer Galicia.
- TARDES CON ALCER| Delegación de Santiago de Compostela
Na tarde de onte tivo lugar unha nova convocatoria do grupo de iguais Tardes con Alcer da delegación de Santiago de Compostela.
- ATA SEMPRE, CARLOS| Membro da AAF Bohemios Ferrol
Carlos López foi fundador e presidente da Agrupación Artística Ferrolana Bohemios, que faleceu o pasado venres aos 85 anos. Ata o seu último momento desfrutou da música (unha das súas paixóns), sempre en Bohemios, sempre coa cultura. Temos que lembrar o seu amor pola música ferrolá, polas Pepitas e por Ferrol. Desde Alcer Coruña queremos lembrar a Carlos, a súa colaboración con Alcer a favor da doazón e o transplante de órganos lucindo en todas as súas actuacións unha escarapela verde e laranxa. Grazas, Carlos e grazas, Bohemios.
- INFORMACIÓN | No verán, coida a túa pel
Desde a Sociedade Española de Farmacia Clínica, Familiar e Comunitaria (SEFAC) achégannos a seguinte circular para fomentar o coidado da nosa pel nesta época estival. Neste enlace podedes acceder a máis información que pode ser do voso interese!
- LOTERÍA| Xa a temos dispoñible!
Xa temos dispoñibles os décimos e participacións de lotería para este ano 2025. Pronto comezaremos a repartila por toda a provincia e gustaríanos contar coa vosa colaboración para iso! Se queres axudarnos a vender o maior número de participacións posible, chámanos ao 981.29.87.59 ou escríbenos a info@alcercoruna.org. Grazas!
Comentarios
Publicar un comentario