ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 9 DE XUÑO DO 2025
SENSIBILIZACIÓN | Mesa informativa en Bertamiráns
O pasado sábado estivemos todo o día cunha mesa informativa na Avenida de Mahia de Bertamiráns para fomentar a importancia da doazón de órganos no eido do Encontro Intercultural e da Feira do Apego que se celebrou na localidade. Grazas a Dani e José Manuel por acudir como persoas voluntarias!
SENSIBILIZACIÓN | Agasallos solidarios
Unha das moitas formas de fomentar a importancia da doazón de órganos é a través de agasallos solidarios como os que Laura nos encargou para a primeira comuñón da súa filla (irmá e sobriña dunha persoa con enfermidade renal recén trasplantada). Queremos agradecer que nun día tan especial quixeran contar con nós!
FORMACIÓN| Obradoiro de traballo social en Culleredo
A traballadora social da delegación da Coruña, Ana García, estivo este martes no Centro Ocupacional Municipal de Culleredo abordando a temática de dependencia e discapacidade coas familias das persoas usuarias do centro.
TARDES CON ALCER| Delegación de Santiago de Compostela
Este mércores tivo lugar a convocatoria do grupo de iguais de Santiago de Compostela, na que participou como profesional Susana Velo (enfermeira de diálise peritoneal no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela)
TARDES CON ALCER| Delegación de Ferrol
Na tarde de onte tamén tivo lugar a convocatoria do grupo de persoas con enfermidade renal da delegación de Ferrol.
Comentarios
Publicar un comentario