ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 23 DE XUÑO DO 2025
- SINERXIAS| III Encontro de persoas con enfermidade renal de Galicia
A pasada fin de semana participamos en Panxón (Nigrán) no encontro de persoas con enfermidade renal de Galicia. Foron 3 días de ocio e experiencias compartidas. Vémonos para o ano!
- SINERXIAS | Declaración Institucional
O mércores tivo lugar no Parlamento de Galicia a declaración institucional sobre a saúde renal, na que o estamento se comprometeu a realizar campañas de prevención desta doenza, a fomentar o tratamento precoz, a facilitar apoio social e laboral ás persoas diagnosticadas, a promover a colaboración entre institucións sanitarias e asociacións e apoiar investigacións no eido da nefroloxía.


- SINERXIAS | Consello asesor de pacientes de Ferrol
O vocal da xunta directiva, Ramón Arnoso, participou o mércores na segunda xuntanza de asociacións da área sanitaria de Ferrol.
- TARDES CON ALCER| Delegación da Coruña
Esta semana tivo lugar a convocatoria de xuño do grupo de iguais da delegación da Coruña na que fomos de baile!
- RECEITA| Xeado de mango
- NOVAS DE INTERESE|
Enfermidade renal




Comentarios
Publicar un comentario